lunes, 12 de octubre de 2015

25 de outubro: Carballeiras e Soutos de Brión


O Club de Montaña do Barbanza o 25 de outubro vai facer a ruta "Carballeiras e soutos de Brión".
Os puntos de encontro serán ás 8.15 en Boiro, diante da Casa da Cultura e ás 9 en Ponte Insua, onde hai unhas instalacións de piraguismo e remo do Concello de Brión (cerca de Negreira).  Ollo!, a noite do sábado para o domingo hai cambio de hora.

Ruta de arredor de 16 km, de dificultade facil, tempo estimado arredor de 4 horas e 20 minutos.

Preciosa ruta que nos permite disfrutar das carballeiras y soutos do Concello de Brión. A ruta comeza en Ponte Ínsua e inicialmente va seguindo o curso do Río Tambre. O caminante vai xunto carballos, piñeiros, acivros, faias, eucaliptos e moitísimos castiñeiros, o que constitue unha delicia no outono. Atopanse elementos arquitectónicos de tipo relixioso como a igrexa de Santa María de Viceso e a de Santa María de Ons; numerosos cruceiros como os de Forxán, o da Portuguesa, o de Mourentáns e o da Goriña, cunha capela guarecendo a imaxe da Virxe co neno en brazos, encadrados na chamada "Ruta dos cruceiros", do mesmo concello. Tamén hórreos, moitos deles do chamado "estilo maián", pontes, fontes, muiños nas beiras do regato Viceso, e aa un Castro, o de Forxán, ainda que está inexcavado.
Destaca a fervenza do Pozo Negro pouco antes de que o regato Dos Chavielos entregue as suas augas ao río Tambre.

Seguimos máis ou menos a ruta feita por MCMoledo que ten neste enlace de Wikiloc http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8737368


















No hay comentarios:

Publicar un comentario