A RUTA SAE DE RIANXIÑO, SEGUIMOS POLA PISTA DE TERRA, PODEMOS VISITAR OS PETROGLIFOS DA FOXA VELLA E CRUZAREMOS POR DEBAIXO DA AUTOVÍA,SEGUIREMOS ATA O ALTO DA PARADEGUA (FRONTEIRA ENTRE OS CONCELLOS DE DODRO E RIANXO) PRETO EXISTEN DOUS CASTROS POR ESCAVAR SEGUIMOS POLOS MONTES DE BURÉS ,FEXACOS ATA ATOPARNOS CO RIO TE, SEGUÍMOLO CURSO DEL DURANTE VARIOS KILÓMETROS E SAIREMOS NUNHA ROTONDA DE ENTRADA DA AUTOVÍA SEGUIMOS ATA A PRAIA DA TORRE, PASEO MARÍTIMO E CHEGAMOS A RIANXO E RIANXIÑO.
SON SOBRE 19 KM, DIFICULTADE
MEDIA-BAIXA, ESTIMAMOS QUE DURE ARREDOR DE 4 HORAS E MEDIA OU 5. HAI
QUE TRAER CALZADO AXEITADO PARA ANDAR POLO MONTE.
DADO QUE ESTAMOS NO MES DAS LETRAS GALEGAS, NA PARADA QUE SE FARÁ A MITADE DA RUTA QUEN O DESEXE PODERÁ LER OU RECITAR ALGÚN POEMA OU FRAGMENTO LITERARIO, ASÍ QUE SE QUERES PARTICIPAR NA LECTURA LEVA ALGO PREPARADO..
Os poemas lidos foron:
Os poemas lidos foron:
- Fragmento de Coma un río de Diaz Castro
Coma un río quixera eu ser: cantar
con estrelas no lombo cara ó mar,
deixando unha chorima en cada pedra,
e unha bágoa de Deus en cada herba.
- SOS de Manuel Antonio
Fomos ficando sós
o Mar o barco e mais nós.
Roubaron-nos o Sol
O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco
Roubaron-nos o vento
Aquel veleiro que se evadeu
pol-a corda floxa d' o horizonte
Este oucéano desatracóu d'as costas
e os ventos d' a Roseta
ourentaron-se ao esquenzo
As nosas soedades
veñen de lonxe
como as horas d' o reloxe
Pero tamén sabemos a maniobra
d' os navíos que fondean
a sotavento d' unha singladura
N-o cuadrante estantío d'as estrelas
ficou parada esta hora:
O cadavre d'o Mar
fixo d'o barco un cadaleito
Fume de pipaSaudade
NoiteSilenzoFrío
E ficamos nós sós
Sin o Mar e sin o barco
nós.
A fala de Manuel María
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
ESTES DÍAS CON TANTA CHOIVA, O
RÍO TE ESTÁ ESPECTACULAR
Para participar é obrigatorio estar
federado en montañismo (polo motivo de ter un seguro que cubra
posibles accidentes ou rescates), Se estás federado en montañismo
noutro club podes asistir á ruta pagando 2 € e deberás mostrar o
carné. Se non estás federado e queres federarte con nos (para
participar nesta ruta tes de prazo ata o 6 de maio) tes unha entrada
do blogue no que se explica
http://vintedouspes.blogspot.com.es/2015/03/licenzas-federativas.html
se queres anotarte chama por teléfono
aos números 615 637 227 ou 616 523 902; ou manda un email a:
vintedouspes@gmail.com. Prégase ser puntuais. Deberase respetar o
medio ambiente.
Haberá unha persoa que vaia poñendo o
ritmo por diante e outra por detrás que se deberán respetar. Se
busca que o grupo vaia compacto, se pon un ritmo medio, se eres dos
que so disfruta andando rápido non te sentirás cómodo neste grupo
e se eres dos que vas lento ou non tes un mínimo de forma física
tampouco deberías participar pois farías que o resto do grupo
tivera que ir agardando por ti.
No hay comentarios:
Publicar un comentario