Na
asemblea de socios/as ordinaria celebrada o 22 de febreiro ás 11
horas na Casa da Cultura de Boiro acordouse co obxectivo de ter un seguro que cubra posibles accidentes dos sendeiristas que a partir de finais de marzo deste ano para asistir ás rutas do
club será requisito indispensable estar federado en montañismo.
Os socios que pagaron a cota do 2015 e non queren federarse se lle
devolverán os cartos. Se eres socio/a do Club de Montaña do
Barbanza Vintedouspés e tes pagada a cota do 2015 e non queres
federarte podes solicitarlle a algún directivo ou a través de email
a devolución desa cota.
Na
próxima ruta (8 de marzo) poderase asistir como se viña facendo
anteriormente e explicarase este asunto.
Para
federarse hai unha entrada neste blogue que se explica como hai que
facer. Se tes dúbidas podes poñerte en contacto co club.
Este
aviso se manda tamén por email aos socios/as, se eres socio/a e non
o recibes, mandanos un email a vintedouspes@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario