Quen desexe ter licenza federativa no ano 2015 debe:
- Escoller a modalidade que che interesa (ver cadro que hai a continuación).
- Ingresar a cantidade que corresponde + 10 € a maiores por cota anual do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, nº de conta ES2520800310553000121101 (Abanca). En concepto indicar nome, apelidos e a modalidade escollida.
- Enviar un email a vintedouspes@gmail.com cos teus datos: nome e apelidos, enderezo, email, teléfono, data de nacemento e nº de DNI.
Damos de prazo ata o luns 9 de febreiro.
Se tes algunha dúbida podes preguntarnos por email ou teléfono.
Neste enlace da Federación Galega de Montañismo ven máis información (a que da dereito estar federado, coberturas,...) http://fgmontanismo.es/licenza/
No hay comentarios:
Publicar un comentario