domingo, 5 de enero de 2025

19 de xaneiro de 2025 fervenzas de Raxoi e Parafita (Valga)

Andaina do 19 de xaneiro de 2025 fervenzas de Raxoi e Parafita (Valga).











Breve descrición do percorrido: O primeiro kilómetro e medio é o máis duro da andaina, subida por carretera ata coller unha pista forestal. A partires de aquí iremos polo monte, atravesando distintos bosques, maioritariamente piñeiros, algo de carballos e castiñeiros e pouco eucaliptal. Iremos ata o mirador do Galiñeiro, onde por mor das árbores as vistas están algo tapadas. De ahí subiremos ata o mirador dos cazadores e tanto aquí como polo camiño pódese contemplar o río Ulla e o val do Ullán. Tamén os picos da contorna, Xiabre, Meda, Xesteiras e demais.
A continuación iniciaremos o descenso ata a aldea dos Vilares para de seguido dirixirnos ata as fervenzas de Raxoi e Parafita que nesta época están no seu máximo apoxeo. O camiño por elas farémolo con coidado, xa que ha risco de esvarar. 
Para rematar o día encararemos un fermoso tramo do Camiño Portugués que nos levará de volta cara o punto de partida.

Recomendacións: aconséllase levar bastóns xa que nalgún tramo pode necesitarse, calzado axeitado para andar polo monte e avituallamento. Durante o percorrido hai varias fontes de auga potable.


viernes, 20 de diciembre de 2024

vídeo con fotos de rutas do 2024

 


Este vídeo está feito con fotos dalgunhas rutas do 2024 do noso club.

tamén está o video no noso canal en youtube (Club de Montaña do Barbanza Vintedouspes)

martes, 17 de diciembre de 2024

Como federarse e plan provisional ata o verán do 2025

información por se te queres facer socio e federarte no ano 2025 

1.- Escoller a modalidade que che interesa, ver este enlace https://fedgalmon.gal/wp-content/uploads/2024/12/LICENZAS_FGM_2025.pdf
 

2.- Ingresar a cantidade que corresponde + 20 € a maiores por cota anual do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, nº de conta ES2520800310553000121101 (Abanca). En concepto indicar nome, apelidos e modalidade escollida. 

A modo de exemplo: 

-Un adulto (maior de 25 anos) que escolla a modalidade A con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas e Sendeirismo, Marcha Nórdica, participación nas andainas (Sen incluir a Alta Montaña) tería que pagar en total ao ano 84 € (64 de licenza e 20 cota do club).

Un adulto (maior de 25 anos) que escolla a modalidade B con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo, marcha  nórdica, Rocódromo, Alpinismo, Montaña e Alta Montaña, Escalada, Barrancos, Carreiras por Montaña, Espeleoloxía, Raquetas de Neve, Esquí de Montaña, Canicross, Snow Montaña, Marcha Nordica, Splitboard e Vías Ferratas tería que pagar en total ao ano 107 € (87 licenza e 20 cota do club). 

-Un adulto  (maior de 25 anos) que escolla a modalidade AU (A) terá de ámbito territorial Galicia, as disciplinas da modalidade A, tería que pagar en total ao ano 67 € (47 licenza e 20 cota do club).

 -Un adulto (maior de 25 anos) que escolla a modalidade AU (B) terá de ámbito territorial Galicia, as disciplinas da modalidade B, tería que pagar en total ao ano 80 € (60 licenza e 20 cota do club). 

- Se estás federado noutro club e queres facerte socio/a do noso deberás ingresar so 20 € (cota do club) - 
Ten en conta que hai duas modalidades de inclusión social (A IS e B IS), coa mesma cobertura que a licenza A e B respectivamente. Para poder tramitar esta licencia deberá aportar copia do certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%. 

- Os/as nenos/as, mozos/as e adultos entre 18 e 25 anos teñen prezos reducidos

3.- Cubrir formulario neste enlace   https://forms.gle/QMCyct5xMYSLzgTC6

Se queres máis información podes consultar https://fedgalmon.gal/licenza-federativa/  o noso blog http://vintedouspes.blogspot.com/ou, contactar a través do correo electrónico vintedouspes@gmail.com  

PLAN PROVISIONAL PREVISTO ATA O VERÁN  do 2025 (para participar neste programa hai que estar federado e ser socio/a do noso club) 
22 de decembro: serra do Barbanza, regos das Salgueiriñas, Castelo de Vitres

19 de xaneiro: fervenzas de Valga 

Chans do Barbanza, rio Barbanza e Arca do Barbanza

 Ruta por Ribeira (pendente de concretar) 

Catro etapas do Camiño de Santiago a Fisterra. 

17 (festivo) e 18 de maio: fin de semana por A Fonsagrada e Oscos (Asturias) Río Gallo (Cuntis)

Ruta por Vimianzo 

PARA DESPOIS DO VERÁN SEGUIREMOS UN PLAN PARECIDO AO DOS MESES ANTERIORES CON RUTAS DE DIA E UN FIN DE SEMANA. 

 Neste enlace podes ver un vídeo con fotos dalgunhas das rutas feitas polo club no 2024 

lunes, 9 de diciembre de 2024

22 de decembro 2024: Serra do Barbanza, rego das Salgueiriñas e castelo de Vitres


No Castelo de Vitres

Celebrando o solsticio de inverno no rego das Salgueiriñas




Subindo ao Castelo de Vitres por un sitio distinto ao habitual




Fervenza de Teaño

Neste enlace está o track da ruta

A próxima ruta do club será o 22 de decembro: Serra do Barbanza, rego das Salgueiriñas e castelo de Vitres

Empezamos a andar en Runs, os primeros quilómetros son de subida pasando polo alto da Lombiña, collendo algo de camiños empedrados, ata chegar a unha pista de terra , estamos pola parte alta da serra do Barbanza, iremos cara o inicio do rego das salgueiriñas, pasamos ao lado do alto de Toro, vamos a chegar cerca da aldea de A Figueira e baixamos un rato pola beira do rego das Salgueiriñas, pasamos perto do alto do Tronco, vamos un rato por pista de terra que nos aproxima ao castelo de Vitres, onde se o tempo o permite gozaremos das vistas da ría de Arousa e celebraremos o solsticio de inverno tomando sidra ou champán e turrón, cada un dos asistentes deberá levar o seu vaso, e baixamos cara o punto de inicio, pasamos cerca da aldea de Mosquete, collemos un tramo dun bosque xeitoso e vamos pola beira dun rego chamado Fonte de San Pas.

Quedamos ás 9 menos cuarto en Boiro no sitio de costume, diante do Parque da Cachada (Avda. da Constitución), cun pequeno desprazamento en coches particulares vamos ata Runs (10 minutos aproximadamente. A ruta será sobre 15 km, dificultade media, convén levar calzado axeitado para andar polo monte, tede en conta que os camiños empedrados nesta época do ano están esvaradizos.



miércoles, 13 de noviembre de 2024

o 24 Novembro 2024: Ourille a pico Muralla

 24 Novembro 2024: Ourille a pico Muralla.




Na parte alta da ruta fixo moito vento, como podedes ver nunha foto.
Neste enlace está o track da ruta https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/muralla-192761734

Comezaremos a ruta na aldea de Ourille percorrendo camiños antigos de carro e camiños forestales pasaremos perto das aldeas de Pastoriza do concello de Rianxo , Saramagoso e Ardeleiros  ata chegar a Arribas estas do concello de Boiro, aquí teremos unha suave subida ata chegar as chans seguimos percorrendo pinares chegaremos o pico Muralla e con sorte teremos unha panorámica das rías de Arousa e Noia.

No camiño de volta poderemos seguir contemplando a ría Arousa ata chegar de novo a Ourille .
Ruta dificultade media baixa.
Lonxitude 15/16 km 4,30 horas.
Puntos de encontro e horarios.
8,30 Campo Maneiro.
8,40 Ourille
Iremos en coches particulares. So para socios/as
Para inscribirse hai que contestar a este correo indicando nome, apelidos e lugar onde te incorporas.
Se te anotas, o sábado 23 a partir das 16 horas mira o noso blog por se hai algún cambio de última hora

lunes, 14 de octubre de 2024

O 27 de outubro faremos a ruta río Con, Fontefria e mirador da cruz de ferro

 Domingo 27 de outubro Ruta río Con, Fontefria e mirador da cruz de ferro

Iremos en coches particulares. So para socios/as
Sairemos de Boiro as 8 e 20, Rianxo 8 e 30, Catoira ás 8 e 40 para empezar a ruta as 9.
Se alguén quere pode ir direito e aparcar na zona do porto en Carril.
Para inscribirse hai que contestar a este correo indicando nome, apelidos e lugar onde te incorporas.
A ruta podese dividir en tres trozos
Primeiro
Saída do porto de carril e temos un bo tramo de asfalto pasando pola parte de arriba de Vilagarcía  ata coller un camiño que nos levará ata o encoro do río Con.
Segundo
Aquí empeza o bonito, iremos ascendendo pola Beira do río Con pasando dun lado a outro a través de varias pontes de madeira, realmente bonito, ao final da subida chegaremos á área recreativa de Fontefria donde teremos un descanso merecido para tomar algo, para o terminar dirixirnos  o mirador da cruz de ferro donde si o tempo acompaña teremos unhas  vistas do río Ulla e da ría de Arousa espectaculares
Terceiro
O bo sempre ten un final,  iremos baixando ata os coches por camiños forestais.

Duración aproximada 5 horas e media, a ruta son sobre 18.5 km, dificultade media.

Se te anotas, o sábado 26 a partir das 16 horas mira o noso blog por se hai algún cambio de última hora.