domingo, 12 de agosto de 2018

San Xoan da Cova (Vedra) o 2 de setembro



Esta ruta discorre pola marxe dereita do río Ulla, aproveitando camiños de paso, sendas de pescadores e sendeiros xa marcados.
Distancia: 12,3 km
Tempo: 3 h e media
Dificultade: baixa
Punto de saída miradoiro de Gundián, punto de chegada: área recreativa de Cubelas

O inicio da ruta localízase no miradoiro do Gundián, a uns 100 metros sobre o nivel do río, que permite unha visión incomparable do Ulla estreitándose no Paso da Cova, baixo a ponte do ferrocarril, e continuando logo o seu percorrido ata perderse ao lonxe. Dende aquí a ruta baixa, como non podía ser doutro xeito, paralela ao río e cruza o lugar da Ponte Ulla. A pouca distancia atopamos no noso camiño un muíño de singulares características, o muíño de Reboredo, provisto de cinco moas: unha para o xofre, unha albeira só para trigo, e outras tres para outros cereais.
A seguinte parada é na área de recreo de Agronovo, en terras de Santa Cruz de Ribadulla, onde se pode descansar un anaco para repoñer forzas. Durante as fins de semana de xullo e agosto é posible alugar unha piragua ou unha barca típica do Ulla para dar un paseo polo río. Continuamos outro pouco ata chegar á área de recreo do Coto de Ximonde, en San Miguel de Sarandón, un dos cotos de salmón máis importantes de Galicia, convertido hoxe nunha estación ictiolóxica de cría e reprodución. Máis adiante agárdanos a área de recreo de Cubelas, en San Pedro de Sarandón, que pon o punto e final a este fermoso percorrido polo Ulla. (información facilitada polo Concello de Santiago-Turismo).

Ao chegar a un viveiro de plantas, principalmentes arces xaponeses visitamos un pequeno museo adicado á pesca no Ulla.


Neste enlace de Wikiloc está o track da ruta (non está posta polo noso club en Wikiloc ao xa estar outras colgadas) https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/p-r-g-36-ruta-de-san-xoan-da-cova-12053657


























domingo, 8 de julio de 2018

12 de agosto por Taragoña e río Te



O domingo 12 de agosto o CMB Vintedouspés fará a ruta Campo Maneiro - río Te

Puntos de encontro ás 8 e cuarto diante da Casa da Cultura de Boiro é ás 8 e media en Campo Maneiro.
Sairemos de Campo Maneiro (Taragoña-Rianxo) hacia o camiño dos difuntos dende o cal subiremos o castro baixaremos polo camiño de corques direccion o rio te.
Iremos polo rio hacia Te e seguiremos polo beira do mar ata Bealo despois a Paradela e de volta ata Campo Maneiro total 15 km
15 km, dificultade media











Neste enlace de Wikiloc está o track da ruta https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/taragona-rio-te-27501710

martes, 3 de julio de 2018

30 de setembro andaina de 25 km por Rianxo








30 de setembro  II andaina de 25 km do Barbanza,  por Rianxo, está incluida no V Open Andainas de Regularidade de Galicia.


Andaina 25 km

Dificultade Media

Duración estimada 5 h. 
Esta andaina iniciámola na Área Recreativa de Campo Maneiro, na parroquia de Taragoña. Os primeiros pasos darémolos cara a o Castro Barbudo, onde podemos ver unha panorámica da Ría de Arousa.

O percorrido continúa ata Ourille, onde se inicia un descenso que nos levará ata o lugar da Ferrería. Durante o descenso atoparemos o primerio punto de avituallamento. Desde aquí diriximonos ao lugar da Hermida, punto onde iniaceremos unha das zonas mais bonitas da andaina,  o descenso pola beira do Río Té, ata chegar a Praia da Torre.

Desde alí, e a través dun sendeiro que percorre o litoral da Ría de Arousa, chegamos a Burata, onde iniciamos unha subida que, pasando por Paradela, nos levará o punto final da andaina, situado no Área Recreativa de Campo Maneiro.

Andaina 15 km

Dificultade Media

Duración estimada 3 h.

Este percorrido coincide no seu inicio ca andaina de 25 km, concretamente ata chegar a Ourille.

Sairemos de Campo Maneiro (Taragoña-Rianxo) hacia o camiño dos difuntos dende o cal subiremos o castro Barbudo, baixaremos polo camiño de Corques en direccion ao rio Te.

Iremos polo rio hacia Te e seguiremos polo beira do mar o Porto de Taragoña, continuamos ata cerca de Ponte Beluso despois a Paradela e de volta ata Campo Maneiro.

 Entidades colaboradoras:


 

 

DISTEVA

Praza Rafael Dieste (Rianxo)





RIANXO






Taragoña (Rianxo)


Piscina climatizada de Rianxo