miércoles, 30 de abril de 2014

actividades de sendeirismo doutras entidades (MODIFICADO)

17 de maio I andaina terras de Altamira - Brión. 50 km en tres aneis (14 km, 22 km e 14 km). Ollo, hai de prazo ata o 4 de maio. Máis información http://andainaterrasdealtamira.blogspot.com.es/

3 de maio: San Finx (Lousame) - San Ramón de Bealo (Boiro) 12 km. Máis información http://www.boiro.org/boirodata/News/3189/Files/Minas%20San%20Finx%20San%20Ramon%20Bealo.pdf

17 de maio o Club Via Lactea (Santiago) organiza unha ruta polo Courel: Valdomir - Vilamor http://clubvialactea.es/
Agora mesmo hai un autobús cheo e para o segundo necesítase un mínimo de 30 persoas. Hai de prazo ata o xoves para anotarse enviando un correo indicando o nº de persoas e un tlfn de contacto
clubvialactea@gmail.com
O pago (15 € por persoa) faríase tras confirmar a saída dun segundo autobús.

Sábado 31 de maio pola tarde Multivoz organizado pola Voz de Galicia e o Concello de Lousame. Inscrición 10 €. Máis información na Voz de Galicia e no Concello de Lousame.

GOZA DO ULLA. Ao longo de bastantes semanas vai haber sutas de sendeirismo arredor do Ulla. comenzarán o un de xuño co paseo "Ulloando polo nacemento", a proposta formulada polo Concello de Antas do Ulla, e acabarán o 25 de outubro coa ruta "Panorámica Val do Ulla" que prantexa o Concello de Valga. As rutas por Catoira e Pontecesures serán os días 14 e 28 de septembro respectivamente. O programa completo está aqui http://www.deportesdemonte.com/wp-content/uploads/2014/05/GOZA_DO_ULLA_2014.pdf 



sábado, 12 de abril de 2014

"VINTEDOUSPÉS" pasa a ser "CLUB DE MONTAÑA DO BARBANZA VINTEDOUSPÉS"

Despois de levar máis de 3 anos e organizado máis de 50 rutas, as persoas que estamos organizando as rutas como Vintedouspés sopesando pros e contras decidimos que Vintedouspés se debía constituír como unha asociación para poder ter un seguro de responsabilidade civil, e como o sendeirismo está considerado un deporte que está englobado na federación de montañismo fixemos os tramites para constituírnos como asociación, como club deportivo, e xa estamos constituídos oficialmente.

Na seguinte ruta -a do 27 de abril- xa non será como grupo de amigos Vintedouspés senón como "Club de montaña do Barbanza Vintedouspés" (nome oficial da entidade), e para participar nas andainas do club haberá que ser socio/a.

Para facerse socio/a do club deberás mandar un email indicando que queres facerte socio co teu nome, apelidos, teléfono e dirección de correo electrónico a vintedouspes@gmail.com e ingresar 10 € de cota anual na conta do club en Novagalicia banco ES2520800310553000121101. Senón podes dese xeito tamén te podes poñer en contacto con calquera dos/as directivos/as da entidade (Mariola de Lousame, Moncho de Rianxo, Manoli de Noia, Miguel da Pobra, Loreto de Porto do Son, Carlos de Boiro e Anxo de Boiro) e darlle os teus datos e pagarlle os 10 €, daranche un recibín.

Vaise permitir asistir a 2 rutas ao ano ás persoas que non sexan socios/as, nese caso pagarán 2 € por cada ruta.

Os guías das rutas e membros da directiva fan a súa labor de xeito desinteresado, sen cobrar, como sempre, os cartos dos socios e o que se recade vai destinado a pagar o seguro de responsabilidade civil.

Nunhas semanas teremos unha asemblea de socios para escoller xunta directiva e organizar o funcionamento do club.

Se tes dúbidas podes poñerte en contacto coa entidade a través dos teléfonos 615 - 637 - 227 , 637 - 954 - 090 ou no email vintedouspes@gmail.com

martes, 25 de marzo de 2014

27 de abril: Porto do Son-Queiro-Porto do Son

Domingo 27 de abril o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés fixo a ruta Porto do Son-Queiro-Porto do Son. Sobre 17 km, dificultade media, participaron máis de 80 pés.

Puntos de encontro ás 8.45 en Boiro diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 9:30 na explanada do porto de Porto do Son.

Se sae andando de Porto do Son polo paseo maritimo ata a praia de caveiro. Se vai ata o faro e por un piñeiral próximo á costa ata a praia de Aguieira. Seguimos polas pasarelas ata a comarcal, se cruza e empezamos a subir por unha pista de terra paralela ao rio Cans, escoitase pero casi non se ve, subida de 2 km duros ata a aldea de Queiro. Dende aqui é baixada ata a igrexa de Nebra e dende aqui por pistas asfaltadas e de terra se volve a Porto do Son. Bonitas vistas.
Neste enlace está a ruta descargada en wikiloc por se a desexas descargar e realizar con GPS 
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=6709131


 







 










Nesta ruta fixemos tamén unha actividade medioambiental, apoiamos unha iniciativa chamada "coge 3" do Club Augasantas, consiste en que cada persoa cando saia á natureza retire 3 restos de lixo, sacar unha foto e compartila no facebook de coge3. Así que, quen quixo apoiar esta iniciativa colleu ao longo da ruta 3 restos de lixo, fixemos unha foto e a puxemos no facebook de coge3. . Nestes enlaces tedes máis información https://www.facebook.com/coge3 
http://www.cogetres.com/
Neste enlace sae a nosa recollida
 https://www.facebook.com/coge3/photos/a.1416108045290194.1073741828.1416096231958042/1472431632991168/?type=1&stream_ref=10




  

sábado, 15 de marzo de 2014

Domingo 23 de marzo: Caldas - Rio Barosa


O domingo 23 de marzo o grupo Vintedouspés fará a ruta Caldas - Rio Barosa.

A ruta de andar parte da alameda de Caldas e empezamos a ruta seguindo a beira do rio Umia arredor de 2 km, deespois chegamos á fervenza de Segade, a continuación colleremos algunhas carretera de moi pouco tráfico e pistas pasando polos lugares de Paradivas e San Martiño, despois chegaremos ao rio Barosa, onde seguiremos un pouco pola súa beira ata a fervenza do rio Barosa no lugar de Maquieira, remataremos a ruta facendo un pequeno tramo do camiño portugues de Santiago.

A ruta non é circular, deixaremos uns coches na estrada que vai de Caldas a Pontevedra na zona dun lugar chamado O Ameal e iremos nos coches ata a alameda de Caldas. Antes de sair de Boiro organizaremos os coches ao non ser a ruta circular.

A ruta serán arredor de 15 km, duración estimada arredor de 4 horas e media, dificultade media.

Punto de encontro: ás 8.15 diante da Casa da Cultura de Boiro (no sitio de sempre).

Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=6454530

Pinchando neste enlace podes ver máis fotos da ruta https://www.dropbox.com/sh/mimsnwfcz7vw2h9/kLk_B-8X-G

Fervenza de Segade

Muiños rio Barosa







Rio Barosa



lunes, 3 de marzo de 2014

SÁBADO 15 de marzo: a Curota


SÁBADO 15 DE MARZO  A CUROTA

Puntos de encontro ás 15:45 diante da Casa da Cultura de Boiro, e ás 16:10 onde remata a pista asfaltada que leva ás piscinas naturais de Aldea Vella (A Pobra)
Ascensión ao Monte da Curota (512 m) polo camiño, hoxe pista, que ascende á Serra do Barbanza desde a parroquia de Santa Cruz de Lesón, e que era utilizado para transitar cara ás aldeas serranas de Porto do Son.  A ruta pasa por varios petóns ou rochedos, que teñen nome propio e que servían como referencia nos traballos cotidianos da xente destas parroquias, como o Eiteiro do Galo, O Petón da Raposa e O Petón do Folgoso. Se o tempo o permite desfrutaremos das fermosas vistas desde o cume da Curota, e baixaremos seguindo o camiño tradicional do Serro da Curota ata o Alto da Lagoa (miradoiro de Valle-Inclán), pasando polo Petón do Carballo, Castroellos e o Petón das Casiñas. Desde o miradoiro  de Valle-Inclán regresaremos por pistas a Santa Cruz, pasando pola valgada dos Cravadoiros, O Petón das Taramelas,  a Ladeira da Curota, O Carrouchal e a Fonte dos Remoliños. Débense levar botas de montaña ou sendeirismo.
Debe levarse algunha prenda de abrigo, aínda que o tempo estea bo, xa que na serra as condicións son moi variables (vento, néboa). Recoméndase gorra ou gorro. Un foco de luz (lanterna, frontal) pode ser útil se hai algún retraso. Hai dúas fontes no camiño, pero é boa idea levar unha botelliña de agua. A practica totalidade da ascensión é por carreiros e pistas e case non se pisa alfalto. Recoméndase comer cedo, xa que a subida é forte.
A SAÍDA REQUERE UNHA FORMA FÍSICA MEDIA-ALTA, A ASCENSIÓN É CONTINUA, DUN 400 M E BAIXADA ESCALONADA DOUTROS 400 M. EN CERTOS PUNTOS REQUERESE CERTA HABILIDADE PARA ANDAR POR SENDAS PEDREGOSAS. DURACIÓN ESTIMADA DE 4 H, FACENDO 3 PARADAS, son sobre 13 km.
Neste enlace está o track da ruta, se dispós de GPS, pódela descargar e facela cando queiras
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=6436511








lunes, 17 de febrero de 2014

ESTA RUTA QUEDA SUSPENDIDA POLO MAL TEMPO (1 de marzo saída do entroido)


ESTA RUTA QUEDA SUSPENDIDA POLO MAL TEMPO

O sábado 1 de marzo se fará unha actividade de sendeirismo apta para nenos maiores de 5 anos, se hai adultos que desexen vir tamén poden. Consistirá nunha pequena ruta de sendeirismo pola zona de A Silva (Lousame) de 4 km aproximadamente cunha sorpresa no medio da ruta. Os participantes poden vir disfrazados. A duración estimada da ruta é de 2 horas e cuarto. Os nenos/as deberán ir acompañados dun adulto.

O punto de encontro será Polideportivo Municipal de A Silva ás 3 e media da tarde. Se chove a ruta queda suspendida.

Ao chegar da ruta de sendeirismo haberá concurso de disfraces, obradoiro de maquillaxe e haberá para probar productos do entroido: filloas e orellas. Os que queiran participar no concurso de disfraces deberán anotarse cando cheguen ás 3 e media (indicando nome, idade e disfraz) antes de saír á ruta. O concurso de disfraces é ás 6 e media.

Esta actividade é coa colaboración do Concello de Lousame, o que hai despois da ruta de sendeirismo (concurso, obradoiro, filloas e orellas) é organizado polo Concello de Lousame.

Máis información e inscricións na Casa da Cultura de Lousame (981 82 57 89) ou 637 954 090, ou no email: vintedouspes@gmail.com

jueves, 30 de enero de 2014

creación dun club deportivo de sendeirismo e montañismo

Ola, o grupo de amigos do Barbanza Vintedouspés está facendo os trámites para constituirse nun club deportivo que practique o sendeirismo e o montañismo. Poñerase unha cota anual  de entre 10 ou 15 € (dependerá do nº de socios) para poder ter un seguro de responsabilidade civil. Convocaremos unha Asamblea Xeral á que poderán acudir os/as socios/as. 
Gustarianos contar coa opinión das persoas que veñen ás nosas rutas, podedes poñer un comentario nesta entrada.
Seguiremos informando de como vai este proceso de constituirnos como asociación.