martes, 25 de marzo de 2014

27 de abril: Porto do Son-Queiro-Porto do Son

Domingo 27 de abril o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés fixo a ruta Porto do Son-Queiro-Porto do Son. Sobre 17 km, dificultade media, participaron máis de 80 pés.

Puntos de encontro ás 8.45 en Boiro diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 9:30 na explanada do porto de Porto do Son.

Se sae andando de Porto do Son polo paseo maritimo ata a praia de caveiro. Se vai ata o faro e por un piñeiral próximo á costa ata a praia de Aguieira. Seguimos polas pasarelas ata a comarcal, se cruza e empezamos a subir por unha pista de terra paralela ao rio Cans, escoitase pero casi non se ve, subida de 2 km duros ata a aldea de Queiro. Dende aqui é baixada ata a igrexa de Nebra e dende aqui por pistas asfaltadas e de terra se volve a Porto do Son. Bonitas vistas.
Neste enlace está a ruta descargada en wikiloc por se a desexas descargar e realizar con GPS 
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=6709131


 







 










Nesta ruta fixemos tamén unha actividade medioambiental, apoiamos unha iniciativa chamada "coge 3" do Club Augasantas, consiste en que cada persoa cando saia á natureza retire 3 restos de lixo, sacar unha foto e compartila no facebook de coge3. Así que, quen quixo apoiar esta iniciativa colleu ao longo da ruta 3 restos de lixo, fixemos unha foto e a puxemos no facebook de coge3. . Nestes enlaces tedes máis información https://www.facebook.com/coge3 
http://www.cogetres.com/
Neste enlace sae a nosa recollida
 https://www.facebook.com/coge3/photos/a.1416108045290194.1073741828.1416096231958042/1472431632991168/?type=1&stream_ref=10




  

sábado, 15 de marzo de 2014

Domingo 23 de marzo: Caldas - Rio Barosa


O domingo 23 de marzo o grupo Vintedouspés fará a ruta Caldas - Rio Barosa.

A ruta de andar parte da alameda de Caldas e empezamos a ruta seguindo a beira do rio Umia arredor de 2 km, deespois chegamos á fervenza de Segade, a continuación colleremos algunhas carretera de moi pouco tráfico e pistas pasando polos lugares de Paradivas e San Martiño, despois chegaremos ao rio Barosa, onde seguiremos un pouco pola súa beira ata a fervenza do rio Barosa no lugar de Maquieira, remataremos a ruta facendo un pequeno tramo do camiño portugues de Santiago.

A ruta non é circular, deixaremos uns coches na estrada que vai de Caldas a Pontevedra na zona dun lugar chamado O Ameal e iremos nos coches ata a alameda de Caldas. Antes de sair de Boiro organizaremos os coches ao non ser a ruta circular.

A ruta serán arredor de 15 km, duración estimada arredor de 4 horas e media, dificultade media.

Punto de encontro: ás 8.15 diante da Casa da Cultura de Boiro (no sitio de sempre).

Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=6454530

Pinchando neste enlace podes ver máis fotos da ruta https://www.dropbox.com/sh/mimsnwfcz7vw2h9/kLk_B-8X-G

Fervenza de Segade

Muiños rio Barosa







Rio Barosa



lunes, 3 de marzo de 2014

SÁBADO 15 de marzo: a Curota


SÁBADO 15 DE MARZO  A CUROTA

Puntos de encontro ás 15:45 diante da Casa da Cultura de Boiro, e ás 16:10 onde remata a pista asfaltada que leva ás piscinas naturais de Aldea Vella (A Pobra)
Ascensión ao Monte da Curota (512 m) polo camiño, hoxe pista, que ascende á Serra do Barbanza desde a parroquia de Santa Cruz de Lesón, e que era utilizado para transitar cara ás aldeas serranas de Porto do Son.  A ruta pasa por varios petóns ou rochedos, que teñen nome propio e que servían como referencia nos traballos cotidianos da xente destas parroquias, como o Eiteiro do Galo, O Petón da Raposa e O Petón do Folgoso. Se o tempo o permite desfrutaremos das fermosas vistas desde o cume da Curota, e baixaremos seguindo o camiño tradicional do Serro da Curota ata o Alto da Lagoa (miradoiro de Valle-Inclán), pasando polo Petón do Carballo, Castroellos e o Petón das Casiñas. Desde o miradoiro  de Valle-Inclán regresaremos por pistas a Santa Cruz, pasando pola valgada dos Cravadoiros, O Petón das Taramelas,  a Ladeira da Curota, O Carrouchal e a Fonte dos Remoliños. Débense levar botas de montaña ou sendeirismo.
Debe levarse algunha prenda de abrigo, aínda que o tempo estea bo, xa que na serra as condicións son moi variables (vento, néboa). Recoméndase gorra ou gorro. Un foco de luz (lanterna, frontal) pode ser útil se hai algún retraso. Hai dúas fontes no camiño, pero é boa idea levar unha botelliña de agua. A practica totalidade da ascensión é por carreiros e pistas e case non se pisa alfalto. Recoméndase comer cedo, xa que a subida é forte.
A SAÍDA REQUERE UNHA FORMA FÍSICA MEDIA-ALTA, A ASCENSIÓN É CONTINUA, DUN 400 M E BAIXADA ESCALONADA DOUTROS 400 M. EN CERTOS PUNTOS REQUERESE CERTA HABILIDADE PARA ANDAR POR SENDAS PEDREGOSAS. DURACIÓN ESTIMADA DE 4 H, FACENDO 3 PARADAS, son sobre 13 km.
Neste enlace está o track da ruta, se dispós de GPS, pódela descargar e facela cando queiras
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=6436511








lunes, 17 de febrero de 2014

ESTA RUTA QUEDA SUSPENDIDA POLO MAL TEMPO (1 de marzo saída do entroido)


ESTA RUTA QUEDA SUSPENDIDA POLO MAL TEMPO

O sábado 1 de marzo se fará unha actividade de sendeirismo apta para nenos maiores de 5 anos, se hai adultos que desexen vir tamén poden. Consistirá nunha pequena ruta de sendeirismo pola zona de A Silva (Lousame) de 4 km aproximadamente cunha sorpresa no medio da ruta. Os participantes poden vir disfrazados. A duración estimada da ruta é de 2 horas e cuarto. Os nenos/as deberán ir acompañados dun adulto.

O punto de encontro será Polideportivo Municipal de A Silva ás 3 e media da tarde. Se chove a ruta queda suspendida.

Ao chegar da ruta de sendeirismo haberá concurso de disfraces, obradoiro de maquillaxe e haberá para probar productos do entroido: filloas e orellas. Os que queiran participar no concurso de disfraces deberán anotarse cando cheguen ás 3 e media (indicando nome, idade e disfraz) antes de saír á ruta. O concurso de disfraces é ás 6 e media.

Esta actividade é coa colaboración do Concello de Lousame, o que hai despois da ruta de sendeirismo (concurso, obradoiro, filloas e orellas) é organizado polo Concello de Lousame.

Máis información e inscricións na Casa da Cultura de Lousame (981 82 57 89) ou 637 954 090, ou no email: vintedouspes@gmail.com

jueves, 30 de enero de 2014

creación dun club deportivo de sendeirismo e montañismo

Ola, o grupo de amigos do Barbanza Vintedouspés está facendo os trámites para constituirse nun club deportivo que practique o sendeirismo e o montañismo. Poñerase unha cota anual  de entre 10 ou 15 € (dependerá do nº de socios) para poder ter un seguro de responsabilidade civil. Convocaremos unha Asamblea Xeral á que poderán acudir os/as socios/as. 
Gustarianos contar coa opinión das persoas que veñen ás nosas rutas, podedes poñer un comentario nesta entrada.
Seguiremos informando de como vai este proceso de constituirnos como asociación.

lunes, 20 de enero de 2014

16 de febreiro Corrubedo - Tahúme


O domingo 16 de febreiro fixemos unha ruta circular que partiu do porto de Corrubedo, fomos cara a praia da ladeira, pasamos polo merendeiro Laxa da Gata, subimos ata o monte Tahúme (altitude 230 m) onde disfrutamos dunhas encantadoras vistas, a  volta foi pola costa, pasamos por Seráns e as praias de Espiñeirido e Balieiros antes de chegar ao faro de Corrubedo, seguimos bordeando a costa para chegar ao punto de partida. 

Os puntos de encontro foron ás 9 diante da Casa da Cultura de Boiro, na Avda. da Constitución e ás 9.30 no porto de Corrubedo (diante do restaurante Benboa). Foron arredor de 16 -18 km, dificultade media, levounos arredor de 5 horas con paradas incluidas.
Tivemos moita sorte co tempo, o sol nos acompañou bastante rato, so caeron "4 gotas" de chuvia, en cambio nas semanas anteriores foron de moita chuvia e temporales, e á final da tarde e ao día seguinte xa volveu a chover.

Fomos arredor de cen pes, e moitos deles era a primeira vez que participaban nunha ruta de Vintedouspés.

O track da ruta está neste enlace de wikiloc http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=6166185















jueves, 2 de enero de 2014

19 de xaneiro, río Fraga (Moaña)


O domingo 19 de xaneiro o grupo Vintedouspés fixo unha ruta polo río Fraga en Moaña.
O punto de encontro foi diante da Casa da Cultura de Boiro ás 8 horas. Fomos en coche ata Moaña, leva sobre 1 hora, a ruta de andar son sobre 15 km, levounos facela sobre 4 horas e media e a dificultade foi media.

O río Fraga, tamén chamado dos ladróns é o que ten máis extensión de Moaña, atravesa este concello de norte a sur e fai de fronteira entre as parroquias de Meira e Moaña. Poderemos gozar dun bonito bosque caducifolio atlántico, trátase dun ecosistema de gran riqueza e extraordinaria beleza, no que o carballo se eríxe como  especie arborea dominante, tamén veremos ameneiros, salgueiros, castiñeiros e loureiros, estos como especies autóctonas do bosque típico galego, e como especies invasoras mencionar a acacia e o eucalipto.

As augas fluviais baixan a gran velocidade dende a montaña e ao longo do percorrido hai numerosos muiños. 
Fomos 38 pes (grazas a Duna e Rus, senón seríamos 30) e tivemos sorte co tempo, levábamos semanas seguido con chuvia e tivemos unha mañá na que ata apareceu o sol