lunes, 17 de febrero de 2014
ESTA RUTA QUEDA SUSPENDIDA POLO MAL TEMPO (1 de marzo saída do entroido)
ESTA RUTA QUEDA SUSPENDIDA POLO MAL TEMPO
O sábado 1 de marzo se fará unha actividade de sendeirismo apta para nenos maiores de 5 anos, se hai adultos que desexen vir tamén poden. Consistirá nunha pequena ruta de sendeirismo pola zona de A Silva (Lousame) de 4 km aproximadamente cunha sorpresa no medio da ruta. Os participantes poden vir disfrazados. A duración estimada da ruta é de 2 horas e cuarto. Os nenos/as deberán ir acompañados dun adulto.
O punto de encontro será Polideportivo Municipal de A Silva ás 3 e media da tarde. Se chove a ruta queda suspendida.
Ao chegar da ruta de sendeirismo haberá concurso de disfraces, obradoiro de maquillaxe e haberá para probar productos do entroido: filloas e orellas. Os que queiran participar no concurso de disfraces deberán anotarse cando cheguen ás 3 e media (indicando nome, idade e disfraz) antes de saír á ruta. O concurso de disfraces é ás 6 e media.
Esta actividade é coa colaboración do Concello de Lousame, o que hai despois da ruta de sendeirismo (concurso, obradoiro, filloas e orellas) é organizado polo Concello de Lousame.
Máis información e inscricións na Casa da Cultura de Lousame (981 82 57 89) ou 637 954 090, ou no email: vintedouspes@gmail.com
jueves, 30 de enero de 2014
creación dun club deportivo de sendeirismo e montañismo
Ola, o grupo de amigos do Barbanza Vintedouspés está facendo os trámites para constituirse nun club deportivo que practique o sendeirismo e o montañismo. Poñerase unha cota anual de entre 10 ou 15 € (dependerá do nº de socios) para poder ter un seguro de responsabilidade civil. Convocaremos unha Asamblea Xeral á que poderán acudir os/as socios/as.
Gustarianos contar coa opinión das persoas que veñen ás nosas rutas, podedes poñer un comentario nesta entrada.
Seguiremos informando de como vai este proceso de constituirnos como asociación.
Gustarianos contar coa opinión das persoas que veñen ás nosas rutas, podedes poñer un comentario nesta entrada.
Seguiremos informando de como vai este proceso de constituirnos como asociación.
lunes, 20 de enero de 2014
16 de febreiro Corrubedo - Tahúme
O domingo 16 de febreiro fixemos unha ruta circular que partiu do porto de Corrubedo, fomos cara a praia da ladeira, pasamos polo merendeiro Laxa da Gata, subimos ata o monte Tahúme (altitude 230 m) onde disfrutamos dunhas encantadoras vistas, a volta foi pola costa, pasamos por Seráns e as praias de Espiñeirido e Balieiros antes de chegar ao faro de Corrubedo, seguimos bordeando a costa para chegar ao punto de partida.
Os puntos de encontro foron ás 9 diante da Casa da Cultura de Boiro, na Avda. da Constitución e ás 9.30 no porto de Corrubedo (diante do restaurante Benboa). Foron arredor de 16 -18 km, dificultade media, levounos arredor de 5 horas con paradas incluidas.
Tivemos moita sorte co tempo, o sol nos acompañou bastante rato, so caeron "4 gotas" de chuvia, en cambio nas semanas anteriores foron de moita chuvia e temporales, e á final da tarde e ao día seguinte xa volveu a chover.
Fomos arredor de cen pes, e moitos deles era a primeira vez que participaban nunha ruta de Vintedouspés.
O track da ruta está neste enlace de wikiloc http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=6166185
jueves, 2 de enero de 2014
19 de xaneiro, río Fraga (Moaña)
O domingo 19 de xaneiro o grupo Vintedouspés fixo unha ruta polo río Fraga en Moaña.
O punto de encontro foi diante da Casa da Cultura de Boiro ás 8 horas. Fomos en coche ata Moaña, leva sobre 1 hora, a ruta de andar son sobre 15 km, levounos facela sobre 4 horas e media e a dificultade foi media.
O río Fraga, tamén chamado dos ladróns é o que ten máis extensión de Moaña, atravesa este concello de norte a sur e fai de fronteira entre as parroquias de Meira e Moaña. Poderemos gozar dun bonito bosque caducifolio atlántico, trátase dun ecosistema de gran riqueza e extraordinaria beleza, no que o carballo se eríxe como especie arborea dominante, tamén veremos ameneiros, salgueiros, castiñeiros e loureiros, estos como especies autóctonas do bosque típico galego, e como especies invasoras mencionar a acacia e o eucalipto.
As augas fluviais baixan a gran velocidade dende a montaña e ao longo do percorrido hai numerosos muiños.
Fomos 38 pes (grazas a Duna e Rus, senón seríamos 30) e tivemos sorte co tempo, levábamos semanas seguido con chuvia e tivemos unha mañá na que ata apareceu o sol
miércoles, 11 de diciembre de 2013
POR PREVISIÓN DE MAL TEMPO, SUSPÉNDESE A ACTIVIDADE Domingo 29 de decembro, Chegou o nadal!!!!
POR PREVISIÓN DE MAL TEMPO, SUSPÉNDESE A ACTIVIDADE
Ruta de sendeirismo e actividades de nadal para nenos en San Cristobo-Ces-Lousame.
Este domingo si o tempo acompaña faremos ruta por Ces e Gandarela (Lousame). Sera de 4km e comenzara na aldea de Ces donde faremos un xogo no que teredes que ter moito"ollo". Seguiremos entre leiras e brañas por pistas ata chegar o monte donde nunha zona con moita vexatacion atoparemos un muiño singular. Do seu teito prender uns animaliños que seguro que vos van gustar.Despois de cruzar os pasales dun pequeño regato remataremos na capela de San Cristobo donde faremos unha manualidade e un xogo, relacionado con día de reis.
Traede unha bolsa de basura, uns guantes de látex e unha tablilla ou cartón duro. Medida (40-40cm) aprox, non fai falla que sexa exata.
Esperamosvos..
Como chegar...carretera Pontebeluso-Noia. A altura do Confurco ides atopar señalización vial e ahi metedesvos hacia Ces, Fruime. Cando vexades a primera casa da aldea colledes a esquerda e despois a dereita así chegaredes a San Critobo que e o sitio de partida.
Saida 10h, remate sobre as 13h aprox.
É necesario inscribirse. Chama aos teléfonos 637 954 090 ou 615 637 227 ou manda un correo electrónico a vintedouspes@gmail.com. Hai de prazo ata o 27 de decembro
miércoles, 13 de noviembre de 2013
Venres 6 de decembro: camiño do mercado, 1950
Cunha boa e fresca mañá arrancamos o concorrido Camiño do Mercado 1950 dende o polideportivo do Sanguiñal (Tallara).
Acompañados de Rosa -a estraperlista- fomos vivindo escenificacións daquel entón como: a subida do millo ao hórreo (casa de Blanco), o asalto de Barriga Baldeira a unha vendedora, o cego do pontellón cas súas adiviñas e o encontro cas leiteiras, ata rematar no mercado.
Alí esperábanos as vendedoras, lavandeiras, canteiro, cesteiro, etc...acompañados pola parella da Garda Civil a cal poñía orde nun mercado con algún que outro pillaban que andaba na procura de sacar proveito do alleo. O cego co son da súa frauta e as lavandeiras amenizaron o momento.
Un chocolate con churros e moitas conversas entre sendeiristas, actores e veciños do lugar puxeron fin a esta boa mañá.
Agradecementos ao grupo de teatro, veciños e familia do lugar, ao concello de Lousame (en especial a Oute) e aos sendeirista pola vosa multitudinaria participación..... neste caso xa non contamos os pes, pero debeu haber máis de catrocentos ; ))
Neste enlace podes ver fotos desa saída https://www.dropbox.com/sh/nss8jixbr2d6cpx/OjU1AzmijP
Neste enlace hai un álbum de fotos da Voz de Galicia (de Monica Ferreiros) http://www.lavozdegalicia.es/album/barbanza/2013/12/06/mercado-tradicional-tallara/01101386350783976118316.htm
Quen teña máis fotos e as queira compartir as pode enviar ao email vintedouspes@gmail.com
domingo, 3 de noviembre de 2013
10 de novembro: Caamaño-Queiruga
O domingo 10 de novembro fixemos a ruta circular Caamaño-Queiruga-Caamaño. Os puntos de encontro foron ás 9 en Boiro, diante da Casa da Cultura e ás 9.30 na ponte medieval de Caamaño, estrada Ribeira a Noia despois de pasar Xuño.
Foron sobre 16 km de dificultad baixa, e o tempo que nos levou foi arredor de 4 horas e media. Empezase na ponte medieval e se vai ata a praia de rio Sieira por campos e pistas. Cruzase a praia e se segue polo borde da costa ata uns campos. Despois se segue toda a costa, algún trozo por rocha fácil según como esté el mar, ata porto nadelas onde hai un pequeño altar á virxe do Carme, baixase á praia de Queiruga e despois de andar un pouco pola area se volve a coller corredoiras pola costa ata cerca da praia do dique. A partir de aquí xa vamos cara o pobo de Queiruga, cruzamolo e seguimos paralelos á estrada comarcal ata a ermida de Caamaño. Súbese ata os petroglifos de Caamaño, co maior cervido de Galicia, é a única subida que hai e unha parte é optativa, e dende aí se sigue por riba de Esparrelle para volver a baixar a Caamaño e de aí á ponte.
Neste enlace podes ver máis información e descargar o track desta ruta
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=5618432
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















