miércoles, 18 de mayo de 2011

5 de xuño: Boiro - Queiruga (Porto do Son)

O 5 de xuño fíxose a ruta de Boiro a Queiruga. Pasamos por Mosquete , A Portela, alto do Barbanza (muiños de vento),  Enxerto de arriba , fervenzas de rio Sieira,  Xufres , para logo desde a Portela de Gouris chegar a Queiruga

Esta ruta foi distinta ás anteriores, non foi circular, Juan "Bocacho" fixo de guía.
Foron sobre 22 km. O punto de encontro foi ás 9 diante da Casa da Cultura de Boiro.
Quen queira ver máis fotos desta saída pode consultar esta galería de fotos sacadas por Juan "Bocacho" neste enlace: https://picasaweb.google.com/105752154865242940854/BoiroAQueirugaVintedouspes?authkey=Gv1sRgCN-d6vKT6oHYHQ&feat=email#

martes, 26 de abril de 2011

Ruta 15 de maio: Boiro - Canteira de Runs - Sabuceda

  




Carballeira de Sabuceda
 O 15 de maio do 2011 xuntámonos ás 9 diante da Casa da Cultura de Boiro e fomos en coches ata canteira de Runs. Empezamos a andaina polo río/rego Acevedro,  pasamos por Porto do Barco e Chan de Reis, vimos o Outeiro do Corvo, cruzamos o rego das Salgueiriñas. e chegamos a Sabuceda (cerca dos Chans do Barbanza), e baixamos polo Coto da Moureira ata a canteira de Runs. Pasamos por varios tramos de calzada antiga. Dificultade: media; kilómetros aproximados: 13; duración: sobre 5 horas (incluindo pequeno desprazamento en coche).
Nuget nos pasou o enlace desta ruta en GPS
http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1869174

Outeiro do Corvo



 
Rego das Salgueiriñas
 


martes, 5 de abril de 2011

Saída 24 de abril Tállara-Iroite

O sábado 24 de abril fomos no coche ata Tállara.
Esta ruta é de dificultade media-alta, arredor de 18 km, a duración da ruta (sen contar o tempo de desprazamento en coche) será arredor de 5 horas e media ou 6 horas, é unha ruta que se inicia cunha subida dende Tállara (100 m de altitude aprox.) ata Iroite  (687 m de altitude), entre subir e llanear faremos sobre 13 km.; e despois se descende 5 km aproximadamente.

Pasamos pola beira dun rego, Codemeiroso (creemos que é ese o seu nome), afluente do río Lobo (Tállara), con varios muiños, un deles bastante curioso, Casamea, Iroite, Barreira, Guiende e Pascual. Chegando ao final da ruta pasamos por 200 escaleiras/pasos que parece ser son antiquísimas e forman parte do camiño para ir á Igrexa de Tállara dende as aldeas de Barreira e Guiende. É unha ruta circular. Javier fixo de guía.

lunes, 14 de marzo de 2011

3 de abril: Praia das Furnas-Lagoas de Xuño-Taume

O 3 de abril do 2011 saimos de Boiro ás 9, fomos en coches ata a Praia das Furnas, fomos por pasarelas de madeira ata as lagoas de Xuño e San Pedro, por sendeiro fomos ata Centro de interpretación das lagoas e subimos ao Monte Taume; voltamos por Seráns e por pasarelas e camiños cerca do mar.
Duración: 4 horas, kilómetros: sobre 14 e dificultade: facil.
Grazas a Loreto por preparar e guiar nesta ruta.
Nuget nos pasou o enlace desta ruta en GPS http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1541758


lunes, 21 de febrero de 2011

domingo 13 de marzo río Vilacoba - Aguieira


O domingo 13 de marzo quedamos ás 9.30 horas diante da Casa da Cultura de Boiro, fumos en coches ata a Casa do Concello de Lousame, en Portobravo.
Iniciamos a ruta á beira do río Vilacoba, pasamos ao lado de varias fábricas de papel abandoadas.
A ruta é unha variante dunha ruta marcada polo Concello de Lousame, a ruta enteira son bastantes kilómetros, arredor de 25, o tramo que queda sen facer tamén é moi bonito, queda pendiente para realizar máis adiante. Ascendimos ao alto de Aguieira onde disfrutaremos dunhas boas vistas. Tivemos sorte co tempo daban algo de chuvia, pero non nos choveu.Foron sobre 15 km..

Pido disculpas en nome do grupo Vintedouspes polo atraso na hora de chegada, pensamos que o retraso veu ao haber na beira do río risco de resbalóns e ser un grupo bastante numeroso, -fomos 74 pes- atrasamos bastante; a pesar de estar 2 veces pola zona 3 persoas de cada vez preparando a ruta non calculamos ben o tempo. Pero polo comentado por sendeiristas a ruta gustou moito. A dificultade foi media-alta.
Dar as grazas ao Departamento de Deportes do Concello de Lousame por marcar a ruta e por darnos explicacións ao respecto. Tamén grazas a Manolí por facer de guía ao preparar e facer a ruta.
Un sendeirista, Chifinofe, fixo a ruta cun GPS e colgou a saída en Wikiloc, podedes consultala ou descargala en: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1550732


Alto de Aguieira
 

martes, 18 de enero de 2011

domingo 20 de febreiro do 2011 Aldea Vella - A Portela (Pobra)

O domingo 20 de febreiro do 2011, 44 valentes pes fixeron unha preciosa ruta de certa dificultade e nubes con moi mala pinta, choveu pero pouco rato (ao inicio e ao final) e no alto foi unha pasada o vento que facía, pero ningún saiu voando.
O punto de encontro foi ás 9.30 horas diante da Casa da Cultura de Boiro, fomos en coches ata a zona de Aldea Vella (Pobra do Caramiñal) e andando subimos ata A portela, onde picamos algo. Chegamos aos coches  (ás 2 e pico) de volta a Boiro uns chegaron sobre as 2 e media e outros sobre as 3 e media pois paramos a tomar unhas cañas con garbanzos e callos na Pobra. Ao estar mal tempo paramos menos e chegamos antes do previsto.
A ruta foi circular e foron arredor de 14 km. Dificultade alta. Esta ruta foi marcada e promocionada pola Mancomunidade de Concellos Arousa Norte. Na baixada fixemos unha variante da ruta pois nunha parte do sendeiro fixeron unha tala, eliminaron as marcas e deixaron moita ramallada no camiño.
Se queres, podes comentar algo sobre esta ruta, pinchas en "comentarios" e vas seguindo os pasos que che indican, o máis doado e que a publiques como anónimo, onde pon "comentar como" e no comentario pos o nome ou seudónimo.

jueves, 23 de diciembre de 2010

Domingo 16 de xaneiro Río Beluso - Monte de San Ramón (Boiro)

O domingo 16 de xaneiro do 2011 fomos en coche ata San Ramón de Bealo (Boiro), percorremos a beira do río Beluso e ascendemos ao Monte de San Ramón.
    A ruta foron 12 Km aproximadamente, sobre 3 horas levou facela, e a dificultade foi media. Esta ruta foi marcada e divulgada pola Mancomunidade de concellos Arousa Norte. Vimos varios petroglifos, na foto do grupo estamos ao lado do petroglifo da serpe de Bealo.
Se queres, podes comentar algo sobre esta saída.