viernes, 21 de mayo de 2021

Fin de semana do 6 e 7 de novembro rutas por A Pontenova e Oscos

 Rutas previstas:

Sábado 6 de novembro



Neste enlace está o track da ruta https://es.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=setCurrentSpatialArtifact&id=88646401, por un despiste á hora de gardar saen máis kilómetros, pero vese claramente ao andar e completar o círculo, son os primeiros 11,1 kilómetros.

Información facilitada por Asociación de Turismo Rural Oscos Eo. Son sobre 12 km, dificultade media. La ruta se inicia en San Cristóbal, lugar en el que encontramos numerosas muestras de arquitectura popular en estado puro percibiendo la sensación de haber retrocedido varios siglos en el tiempo. Desde su capilla veremos el valle del Río Ahio cubierto de un hermoso manto de bosque autóctono que nos deslumbra con su colorido típico. Iniciamos nuestro recorrido hacia Mourelle adentrándonos en un espectacular bosque de castaños, robles y madroños encontrándonos ejemplares de todas las edades y formas acompañados de numerosas corripas ( construcciones circulares de piedra de pequeña altura en las que se almacenaban los erizos de los castaños).

Pasado Mourelle ascendemos hasta el pico de Balongo, autentico mirador natural, en el que merece la pena pararse a contemplar el paisaje o a reponer fuerzas. Prosiguiendo el camino una vez pasado el Brusquete nos adentramos nuevamente en un grandioso túnel natural formado por las copas de los árboles que nos hacen sentirnos en un escenario de cuento en el que animales y plantas viven libremente. Tras un fuerte descenso cruzamos el Río Ahío que lleva incansablemente las aguas de la sierra de la Bobia hasta el Río Agüeira, manteniendo a su paso un importante ecosistema de ribera en el que podemos encontrar gran variedad de especies. A media ladera y en ligero ascenso llegaremos hasta San Cristóbal , punto de inicio y final de ruta.

Existe un lugar mágico en Asturias, lleno de ríos y cascadas, preciosas rutas de senderismo, pequeñas aldeas de singular belleza y bosques dónde habitan seres entrañables. Un lugar dónde los artesanos trabajan como antaño conservando lugares únicos dónde la gente no tiene prisa y te dedica siempre su mejor sonrisa. Son Los Oscos, formados por tres municipios: Santa Eulalia, San Martín y Villanueva de Oscos. Los tres unidos han sido reconocidos con el Premio Pueblo Ejemplar de Asturias 2016. 



























Domingo 7 de novembro. Neste enlace estó o track da ruta que fixemos https://es.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=setCurrentSpatialArtifact&id=88647035


 

Fixemos unha combinación da ruta das Reigadas e da ruta da Seimeira de Vilarxubín, eliminando algunha parte da ruta oficial. Sobre 16 km, dificultade media.

 Información facilitada polo Concello de A Pontenova:

A ruta das Reigadas é unha ruta lineal que discorre por camiños denominados “de pescadores”, atópase ubicada dentro da área de “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”, declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO en 2007 e incluída dentro do LIC Carballido.

O seu percorrido discorre seguindo o curso do Río Reigadas e algún dos seus numerosos afluentes coma o

Bounote, adentrándose no corazón da Fraga de As Reigadas, un dos más importantes e mellor conservados montes atlánticos de Europa, no que predomina o carballo e o castiñeiro, pero no que tamén destacan pola súa rareza o olmo de monte, o teixo ou o serbal dos cazadores.

A ruta remata na antiga Ferreiría de Bogo (tamén coñecida como Ferreiría de Vilaboa), fundada no ano 1534 polo fidalgo Pedro de Miranda. Este conxunto etnográfico abarca: un pequeno encoro cunha fervenza e a canle de alimentación para desviar a auga do río hacia o banzado, a fragua con mazo e foles e unha pequena central electrica.

A ruta da Seimeira trátase dunha ruta lineal que parte dende a aldea de Sanxés, en donde poderemos admirar unha serie de esculturas de madeira tallada de forma autodidacta por Manuel Marqués; nesta serie de esculturas emerxen figuras de formas retorcidas obtidas a partires dos tocos pulídos dalgunha árbore seca.

A ruta atravesa as fragas de Sanxés e Teixido e remata na aldea de Vilarxubín. Debido ó entorno no que se empraza e dado o seu bo estado de conservación, trátase dunha das aldeas de maior interese etnográfico das numerosas que existen en A Pontenova.

Collendo uns pequenos desvíos respecto o trazado principal da ruta poderemos visitar un par de miradores, chamados “Pena do Castelo” e “Pena de Neira”, dende os cales divisaremos unha panorámica que engloba, ademáis das fragas de Sanxés e Teixido xa mencionadas, tamén as de As Reigadas e Carballido.

 





























Neste enlace tedes as fotos de Eduardo https://drive.google.com/drive/folders/1QYmGDBWZrUJjgl8GFdREKQHBP40SKFtS


miércoles, 23 de diciembre de 2020

Como federarse

Tarxeta federativa 2021

Xa é posible tramitar a licenza federativa para 2021 (a Federación decidiu manter as tarifas do 2020), se queres tramitar a licenza hai que:

1.- Escoller a modalidade que che interesa os prezos das licenzas federativas para o ano 2021 están neste enlace

 https://fedgalmon.gal/wp-content/uploads/2019/12/2Prezos-de-Licencias-2020.pdf

 2.- Ingresar a cantidade que corresponde + 12 € a maiores por cota anual do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, nº de conta

 ES2520800310553000121101 (Abanca). En concepto indicar nome, apelidos e a modalidade escollida.

 A modo de exemplo:

 -Un adulto que escolla a modalidade A con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas e Sendeirismo, Marcha Nórdica (Sen incluir a Alta Montaña) tería que pagar en total ao ano 84 € (nesos 84 vai incluida cota do club).

 -Un adulto que escolla a modalidade B con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo, Rocódromo, Alpinismo, Montaña e Alta Montaña, Escalada, Barrancos, Carreiras por Montaña, Espeleoloxía, Raquetas de Neve, Esquí de Montaña, Canicross, Snow Montaña, Marcha Nordica, Splitboard e Vías Ferratas tería que pagar en total ao ano 88 € (nesos 88 vai incluida cota do club).

 -Un adulto que escolla a modalidade AU terá de ámbito territorial Galicia, as disciplinas da modalidade B, tería que pagar en total ao ano 61 € (nesos 65 vai incluida cota do club)

 

 

 

3.- Cubrir formulario neste enlace https://forms.gle/oE7sntLh4bgd9inT7

 

////////////////////////////////////////

 

Información importante:

 

Licenzas válidas por ano natural. Tódalas licenzas caducan o 31 de decembro do 2021.

 Calquera accidentado ten a obriga de chamar a Federación para cumplimentar un Parte de Accidente coa maior brevidade posible.

 Estar federado dáche dereito a:

Participar con preferencia nas actividades federativas (FGM/FEDME)

Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)

 Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional

 Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio

 Prezos moi reducidos nos refuxios galegos

 Comunicacións periódicas

 Calendario de actividades

 Participar en actividades divulgativas

 Competicións oficiais de escalada e carreiras por montaña

 

Neste enlace hai información da taxeta federativa da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada http://www.fedme.es/tarjetafederativa/

 

Neste enlace está a información da Federación galega de montañismo https://fedgalmon.gal/

 

///////////////////////////////////////////////////////////////////////

 

As rutas para o 2021 por mor do covid non se pode aínda concretar, tan pronto vai millorando a situación empezaremos a programar rutas. O plan previsto vai ser na liña dos últimos anos, faranse rutas dun día, nalgunhas desprazarémonos en coches particulares  –as que sexan máis cerca-  e outras en autobús. Temos previsto facer dúas saídas de fin de semana:

-Lembrarvos que está programada a viaxe aos Ancares, tres días aproveitando o festivo do 17 de maio, e está aberto o prazo para inscribirse (mandamos correo electrónico e hai información no blog).

-A outra está prevista no segundo semestre do ano e aínda está pendente do concretar.

Está previsto este calendario do Open25km no que organizamos nos a proba o 3 de outubro:

 

Guláns 25 km:         21 Marzo 2021 - C.M. Xistra / A.C. Guláns

Cuntis 25 km:          20 Xuño 2021 - CdM Xesteiras / Concello de Cuntis

Marín 25 km:           18 Xullo 2021 - CdM Xesteiras / Concello de Marín

Noia 25 km:             19 Setembro 2021 - Club Trabandainas / Concello de Noia

Barbanza 25 km:       3 Outubro 2021 - C.M. Vintedouspés / Concello de Rianxo

Vigo 25 km:              17 Outubro 2021 - C.M. Xistra / A.V.C.D. S.Xurxo de Saiáns-Vigo 

Ponteareas 25 km:  31 Outubro 2021 - C.M. Xistra / Concello de Ponteareas