martes, 16 de octubre de 2018

Ruta Castro de Doade e comida Cocido de Lalín



Esta ruta está rexistrada pola Federación Galega  de Montañismo co número PR-G210
É unha ruta circular de aproximadamente 14km. Cunha duración estimada de 4horas.
Atopamos nesta andaina unha antiga rede de camiños A Via da Prata a Compostela, a igrexa románica de San Xoan de Vilanova, o roble monumental de Soutolongo, moiños e pontellas, así como carballeiras e camiños que acompañan as eixes dos ríos Asneiro e Lebozán.
Unha ruta fácil e agradable que  remata co famoso cocido de Lalín no restaurante Museo  Casa do Patrón, e os seus postres caseiros típicos da zona.
Logo, despois da comida visitamos o Museo Casa do Patron (con mais de 4.500 pezas de exposición), a Sala de Arqueoloxía do Castro de Doade e a Casa Castrexa.

Neste enlace hai fotos de Eduardo da ruta https://drive.google.com/drive/folders/1HdJREuLJnq6TAszQLdIEMTwEZPsNJYzf
































As fotos son de María, Eduardo e Paco.

domingo, 12 de agosto de 2018

San Xoan da Cova (Vedra) o 2 de setembro



Esta ruta discorre pola marxe dereita do río Ulla, aproveitando camiños de paso, sendas de pescadores e sendeiros xa marcados.
Distancia: 12,3 km
Tempo: 3 h e media
Dificultade: baixa
Punto de saída miradoiro de Gundián, punto de chegada: área recreativa de Cubelas

O inicio da ruta localízase no miradoiro do Gundián, a uns 100 metros sobre o nivel do río, que permite unha visión incomparable do Ulla estreitándose no Paso da Cova, baixo a ponte do ferrocarril, e continuando logo o seu percorrido ata perderse ao lonxe. Dende aquí a ruta baixa, como non podía ser doutro xeito, paralela ao río e cruza o lugar da Ponte Ulla. A pouca distancia atopamos no noso camiño un muíño de singulares características, o muíño de Reboredo, provisto de cinco moas: unha para o xofre, unha albeira só para trigo, e outras tres para outros cereais.
A seguinte parada é na área de recreo de Agronovo, en terras de Santa Cruz de Ribadulla, onde se pode descansar un anaco para repoñer forzas. Durante as fins de semana de xullo e agosto é posible alugar unha piragua ou unha barca típica do Ulla para dar un paseo polo río. Continuamos outro pouco ata chegar á área de recreo do Coto de Ximonde, en San Miguel de Sarandón, un dos cotos de salmón máis importantes de Galicia, convertido hoxe nunha estación ictiolóxica de cría e reprodución. Máis adiante agárdanos a área de recreo de Cubelas, en San Pedro de Sarandón, que pon o punto e final a este fermoso percorrido polo Ulla. (información facilitada polo Concello de Santiago-Turismo).

Ao chegar a un viveiro de plantas, principalmentes arces xaponeses visitamos un pequeno museo adicado á pesca no Ulla.


Neste enlace de Wikiloc está o track da ruta (non está posta polo noso club en Wikiloc ao xa estar outras colgadas) https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/p-r-g-36-ruta-de-san-xoan-da-cova-12053657