domingo, 3 de noviembre de 2013

10 de novembro: Caamaño-Queiruga


O domingo 10 de novembro fixemos a ruta circular Caamaño-Queiruga-Caamaño. Os puntos de encontro foron ás 9 en Boiro, diante da Casa da Cultura e ás 9.30 na ponte medieval de Caamaño, estrada Ribeira a Noia despois de pasar Xuño. 
Foron sobre 16 km de dificultad baixa, e o tempo que nos levou foi arredor de 4 horas e media. Empezase na ponte medieval e se vai ata a praia de rio Sieira por campos e pistas. Cruzase a praia e se segue polo borde da costa ata uns campos. Despois se segue toda a costa, algún trozo por rocha fácil según como esté el mar, ata porto nadelas onde hai un pequeño altar á virxe do Carme, baixase á praia de Queiruga e despois de andar un pouco pola area se volve a coller corredoiras pola costa ata cerca da praia do dique. A partir de aquí xa vamos cara o pobo de Queiruga, cruzamolo e seguimos paralelos á estrada comarcal ata a ermida de Caamaño. Súbese ata os petroglifos de Caamaño, co maior cervido de Galicia, é a única subida que hai e unha parte é optativa, e dende aí se sigue por riba de Esparrelle para volver a baixar a Caamaño e de aí á ponte.
Neste enlace podes ver máis información e descargar o track desta ruta
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=5618432














lunes, 28 de octubre de 2013

Festa do samaín: 3 de novembro en San Roquiño


Festa do samaín no polideportivo do Sanguiñal (San Roquiño-Lousame)

A ruta discurreu por aldeas, camiños de carro e algúnha corredoira. O noso paso fomos vendo soutos de 200 castiñeiros, un hórreo con reloxo de sol, a ponte antiga de Berrimes, etc... Tamen fixemos un xogo de equilibrio, do pote da meiga, un obradoiro de cabazas e rematamos cun magosto. Esperamos que o pasarades ben¡¡¡
>Neste enlace podedes ver máis fotos deste Samaín https://www.dropbox.com/sh/j05eilarlyxyo13/4nNTJVTFFe
Dende Vintedouspés queremos dar as grazas a Mariola pois sempre está disposta a colaborar nas actividades e a Javi pola axuda en informática que posibilita ver as restantes fotos desta agradable xornada.























miércoles, 25 de septiembre de 2013

27 de outubro: Ponte do Gundian e Pico Sacro


O domingo 27 de outubro fixemos unha ruta lineal dende Ponte Gundian ata o Pico Sacro. Parte do percorrido coincidiu coa vía da Prata do Camiño de Santiago que ven polo interior de Portugal. Foron arredor de 13 kilómetros, a dificultade foi media, e levounos arredor de 3 horas e media.
Os puntos de encontro foron ás 8.30 diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 9.30 en Lestedo, en frente dun supermercado Eroski que hai na carretera xeral Santiago-Lalín.
Dende Vintedouspés queremos dar as grazas e parabéns a Josefa Rabiña por facer de guía.


















lunes, 26 de agosto de 2013

22 de setembro Boiro - Queiruga (Porto do Son)


Domingo 22 de setembro Boiro - Queiruga.

Dificultade ALTA, sobre 22 kms. Como é unha ruta lineal quedamos para levar coches a Queiruga ás 8,15 diante da Casa da Cultura de Boiro e a saida andando dende diante da Casa da Cultura de Boiro ás 9:00.

Tivemos un dia de moito sol,fomos todo o tempo ,sobre o horario previsto,menos 
na saida,que me retrasei por mor de deixalos coches,queda previsto para a proxima ruta,
penso que os participantes o pasaron ben,polo menos foi o que me dixeron.Despois da parada para comer ,na fonte darriba da canteira,
cruzamos unha zona onde estaban as brigadas apagando o lume,pudemos cruzar hasta a carretera,
e xa collemos o último repeito antes de comenzala baixada hasta Queiruga.
No bar debaixo da parra,tomaronse as cervexas habituais nestes casos(pouquiñas).
E xa falamos das rutas seguintes.Gracias a todolos participantes . Vemonos chao, chao


Neste enlace aparece información sobre a ruta e o track http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=5319610










Neste enlace podes ver máis fotos da ruta
https://drive.google.com/folderview?id=0B5g-O5Ulqxx4ak1pOWxSNnNrU0k&usp=sharing