miércoles, 14 de noviembre de 2012

18 de novembro charla e saída de cogomelos

O domingo 18 de novembro fixemos unha actividade referida aos cogomelos.

Ás 10 da mañá na casa de turismo rural "Casa do Xan" (Ardeleiros 9, Fruime - Lousame) charla sobre identificación de cogomelos, impartida por Suso, presidente da asociación micolóxica "Refungando".
Posteriormente fíxose unha saída polos montes da zona para poñer en práctica o aprendido, Suso fixo de guía micolóxico.
Por último fíxose unha pequena degustación de cogumelos na Casa do Xan, Parabéns para Manoli que fixo de cociñeira.



Os puntos de encontro foron ás 9.30 diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 9.30 no Centro de saúde de Noia.

Grazas Eva e Rosa polas fotos, se alguén ten máis e as quere compartir neste blogue pode mandalas ao email vintedouspes@gmail.com

Grazas á casa de turismo rural "Casa do Xan" por facilitarnos poder facer aí estas actividades.








1 comentario:

  1. Ola, pareceume interesante a charla, pero non me gustou a saída guiada, pois considero que non serviu para practicar o aprendido na charla, penso que o ideal neste tipo de xornadas introductorias para identificar cogomelos se debería buscar que os asistentes saiban recoñececer algúns cogomelos de bo valor culinario (algún tipo de Boletus, níscalos, cantarelus por exemplo), frecuente en Galicia e facilmente distinguibles doutros venenosos ou tóxicos.
    Manoli: grazas pola túa capacidade de traballar para que outros disfrutemos.
    Saúdos
    Anxo

    ResponderEliminar