Este é o enlace a Wikiloc co track da ruta
https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/entrerrios-peton-da-hedra-a-portela-teano-250567112O domingo 15 de
febreiro faremos a primeira etapa de "A volta ao Barbanza", iremos
desde explanada que vale para aparcar cercana (uns 200 metros antes) da igrexa
de Santa Cruz de Lesón (Pobra do Caramiñal) enlace de google maps: https://maps.app.goo.gl/CFCsdfdP2CjRNojM6 ata Belles de Abaixo (Boiro). É unha ruta para socios/as do club, se te queres asociar tes información noutra entrada deste blog ou contactar con nos por correo electrónico ou nos teléfonos que saen no blog.
Empezaremos a andar
cara Entrerrios, iremos un pouco paralelos ao río Pedras -posteriormente pasa a
chamarse Barbanza- e iniciaremos a subida máis dura desta etapa que nos levara
ao petón da Hedra e ao alto do Salgueiro, onde poderemos ver o canón do río
Barbanza, remata a subida pronunciada para ir ata A Portela (Chans do
Barbanza), onde iniciaremos o descenso polo termo municipal de Boiro, pasaremos
por cerca de Mosquete, Pazos de Coroño, Bermo e subiremos cara ao final
polígono industrial de Espiñeira ata chegar ao final desta etapa en Belles de
Abaixo.
Nesta ruta hai tramos
de camiños de montes, pistas de terra e case nada de asfalto.
Dificultade media, a
parte máis dura é a subida inicial que superamos un desnivel de 370 metros en 3
quilómetros. Distancia sobre 18,5 km. É dificil calcular o tempo que nos vai
levar, depende do ritmo do grupo e de como esté o terreo, máis ou menos
esvaradizo, estimamos arredor de 6 horas.
Hai que levar calzado
axeitado para andar pola montaña, pasaremos por algunhas zonas algo
esvaradizas, aconsellamos levar auga e
algo para repoñer forzas e comer, bocadillo, froita, barriña enerxética ou
froitos secos por exemplo.
Como é unha ruta
lineal vamos levar previamente ao inicio da ruta uns coches de voluntarios
designados polo club ao punto final para ao remate da ruta levar a todos os
participantes ao punto de inicio.
-----------------------------------------
A Federación Galega de Montañismo (FGM) enviounos esta información referido á app da FGM:
Teño a ledicia de comunicarvos que xa está a disposición de tod@s os federad@s galeg@s a app da FGM para a visualización da licenza e outros servizos máis no móbil.
A app da FGM está na Play Store de Google co nome de FGM.
Neste momento está dispoñible e operativa para todos os móbiles con sistema operativo de Android. Mais adiante teremos a app para uso co sistema IOS.
Na app da FGM poderán visualizar a licenza do ano sexa FGM ou FEDME, e o seu tipo de modalidade: FGM C ... Allianz - B 2 ...
Terán dispoñible o parte de accidentes na sección nomeada como "portal". Unha vez dentro de portal, teñen que facer scroll cara abaixo onde atopan a lapela de "Partes de accidente".
Tamén terán a opción de comprobar que os datos persoais son os correctos e incluso modificalos se atopan algún erro.
Xunto a opción anterior, teñen a posibilidade de inscribirse as diferentes actividades que ten a FGM no calendario.
Seguemos a traballar na posibilidade do que o titor legal dun minor ou minores poda ver a licenza do minor. Esa posibilidade aínda non está desenvolvida, pero esperamos sexa unha realidade nun futuro próximo, así como ampliar as utilidades da app.
Cando descarguen a app, terán que facer un primeiro paso moi sinxelo. Escribir o dni e app envíalle un correo electrónico para activar a app cunha contrasinal.
__________________
Para cada actividade do club mandamos un correo electrónico a todos os socios/as que están dados de alta neste ano, se eres socio/a e non te chegas os correos avísanos para ver onde está o problema