miércoles, 12 de marzo de 2025

30 de marzo: 1ª etapa do Camiño de Santiago a Fisterra, Santiago - Negreira

 





O domingo 30 de marzo faremos a primeira etapa do Camiño de Santiago a Fisterra, Santiago - Negreira. Sobre 21 km, se algún quere facer menos kilómetros pode retirarse en Ponte Maceira (así serán sobre 17 km). Cada un fará a etapa ao seu ritmo porque está marcado. Contamos que aos últimos lles leve sobre 5 horas e media.

É unha ruta aberta a non socios/as e persoas sen federar, aos que se lle fai un seguro de día. Se tedes coñecidos que lles poda interesar podedes informarlles. Iremos en autobús.

Podes ver información da etapa neste enlace https://www.caminodesantiago.gal/es/planifica/las-rutas/camino-fisterra-y-muxia/etapa-santiago-negreira

Faremos catro etapas en total desde Santiago a Fisterra, iremos tamén en autobús, aparte desta primeira está previsto:

13 de abril, 2ª etapa, Negreira – Olveiroa

27 de abril, 3ª etapa, Olveiroa – Cee ou Corcubión

11 de maio, última etapa, Cee ou Corcubión - Fisterra

Sairemos en autobús ás 8 e media da mañá o domingo  30 de marzo. O autobús non pode agardar pola xente, debedes estar 5 minutos antes da saída nos puntos de encontro. Aconsellamos levar algo para comer, cantimplora con auga e unha mochila para deixar no autobús e mudarse ao chegar.

Neste enlace está o track da ruta http://gl.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=setCurrentSpatialArtifact&id=206809279