Neste enlace está o track da ruta https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/valga-198593675
Breve descrición do percorrido: O primeiro kilómetro e medio é o máis duro da andaina, subida por carretera ata coller unha pista forestal. A partires de aquí iremos polo monte, atravesando distintos bosques, maioritariamente piñeiros, algo de carballos e castiñeiros e pouco eucaliptal. Iremos ata o mirador do Galiñeiro, onde por mor das árbores as vistas están algo tapadas. De ahí subiremos ata o mirador dos cazadores e tanto aquí como polo camiño pódese contemplar o río Ulla e o val do Ullán. Tamén os picos da contorna, Xiabre, Meda, Xesteiras e demais.
A continuación iniciaremos o descenso ata a aldea dos Vilares para de seguido dirixirnos ata as fervenzas de Raxoi e Parafita que nesta época están no seu máximo apoxeo. O camiño por elas farémolo con coidado, xa que ha risco de esvarar.
Para rematar o día encararemos un fermoso tramo do Camiño Portugués que nos levará de volta cara o punto de partida.
Recomendacións: aconséllase levar bastóns xa que nalgún tramo pode necesitarse, calzado axeitado para andar polo monte e avituallamento. Durante o percorrido hai varias fontes de auga potable.