domingo, 17 de febrero de 2019

7 de abril: Cabo Udra (Bueu). Ruta con comida aberta a non socios


O domingo 7 de abril o CMB Vintedouspés organiza a ruta Cabo Udra (Bueu). Iremos en autobús. 

Esta é unha ruta de portas abertas, poden asistir non federados, faráselle un seguro de día.

Hai prazas limitadas e as inscricións serán por orde de chegada, teñen preferencia os socios do club, ata o 4 de marzo só poden anotarse socios, e a partir dese día -se sobran prazas- poden inscribirse non socios. O 28 de marzo remata o prazo para inscribirse.

Plan previsto: iremos en autobús, en caso de non xuntar persoas suficientes iremos en coches particulares. Sairemos:
- de Boiro, diante da Casa da Cultura ás 7.50 horas.
- de Rianxo,  rotonda de Te (saída autovía) ás 8 horas.
- de Catoira, rotonda gasolineira Repsol ás 8.10 horas.

Iremos con Autos Comparado (Lousame) se hai alguen que lle interese collelo no garaxe pode contactar coa empresa ou con Vintedouspés.

Hai que estar puntuais, o autobús non agardará pola xente.

Ao rematar a ruta iremos a comer ao restaurante-asador Entre Brasas de Bueu. O menú será tortilla, calamares, churrasco mixto, postre, café, bebidas e licores.

Está previsto empezar a andar sobre as 9.30 en Aldán.
Despois de comer voltaremos para o Barbanza.

Hai que levar calzado axeitado para andar pola montaña, aconsellamos levar auga, algo para picar na mitade da ruta, gorra, se hai sol.

Distancia aproximada: 17 km
Duración estimada: 5 horas
Dificultad: Facil

Información da ruta (facilitada polo Club Deportivo Fontiñas). Nos a faremos en sentido contrario, empezando en Aldán.
Comezamos o percorrido no porto de Bueu, e tras atravesar o porto Beluso, que está a continuación, tomamos unha fermosa senda costeira que nos leva pegados ao mar por un bosque con interesantes especies vexetais. Pasando polas praias Tuia e Mourisca, entramos no Cabo Udra, que acota polo oeste a ría de Pontevedra na súa marxen meridional. A paisaxe cambia. Deixamos de ver arbores para ver penedos en paraxes solitarios. Os megacristais de feldespato caracterizan estes penedos e fan do Cabo Udra un monumento xeolóxico de gran valor científico e paisaxístico. Os penedos de Udra teñen formas redondeadas por mor do efecto que a auga subterránea produce nas fendas da pedra, antes de que asomen ao exterior. O cabo resulta inapropiado para aproveitamento agrícola. As razas autóctonas eran as únicas capaces de tirarlle proveito a vexetación, e os rapaces que gardaban o gando facían noite con el no cabo; xorde así a necesidade de construír refuxios permanentes como son os chozos do Cabo Udra. Dobrando o cabo, e deixando atrás a praia de Ancoradoiro, entramos na ría de Aldán que ten unha profundidade de uns 7 km. Pasase pola praia de Lagos, dende a que poden observarse unhas impresionantes postas de sol tras o perfil da illa de Ons. A continuación chegamos a praia de Bon que acostuma a ter unha ocupación alta nos meses do verán. Atravesamos as praias de Menduiña (onde estivo instalada unha das fabricas conserveiras do industrial catalán Salvador Massó), Francón e Area Cova. Deste xeito chegamos a Aldán, onde remata a ruta, e que foi paradigma do poder secular da nobreza e aínda conserva parte da súa traza medieval.
As fotos son de Eduardo. Hai máis neste enlace https://drive.google.com/drive/folders/1eFY6ENf9FuxZfmaSl4MEytBKkYrjKA2b

















lunes, 4 de febrero de 2019

10 de marzo ruta de Grobas e neveiras de Fixó



Partindo da aldea de Bustelos iremos pola garganta do rego das Grovas por un antigo sendeiro polo cal imos pasar por Grovas, unha das aldeas abandonadas situada nun sitio privelexiado e fermoso, á cal non dou chegado nin asfalto nin luz, pero que non ten facil aceso, antigamente facia falla unha hora de camiño para chegar a ela.

A partires de aí iremos subindo pola serra do Candán que nos levará por distintos puntos de interese, mirador de Grovas e monte Coco, onde teremos fermosas vistas.

por último pasaremos por un dos sitios con máis interese patrimonial da zona qué son as neveiras de Fixó do secúlo XVII, ten 7,5 m de diámetro e máis de 8 m de profundidade, a neve unhas vez convertida en xeo eran explotadas polos monxes do mosteiro de Aciveiro situado perto da zona é do cal tiñan parte dos seus ingresos.

distancia 17 km
dificultade media tirando para arriba
tempo de 5 a 6 horas
puntos de encontros na Cachada e en Silleda na gasolineira que atopas unha vez deixada a autoestrada.
hora 7,50 en Boiro e arredor das 8,50 e 9 horas despois seguiremos a Vilatuxe colleremos o segúndo cruce a dereita ata Bustelos.
Iremos nos coches por autoestrada.
Neste enlace está o track da ruta https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/bustelos-grobas-neveiras-de-fixo-34120106


As fotos son de Eduardo.



















Neveira de Fixó





Neste enlace hai máis fotos https://drive.google.com/drive/folders/1EFoDK6z_R3yBaGtvxgpnmTj2CECy-_7X