O domingo 7 de abril o CMB Vintedouspés organiza a ruta Cabo Udra (Bueu). Iremos en
autobús.
Esta é unha
ruta de portas abertas, poden asistir non federados, faráselle un seguro de día.
Hai prazas
limitadas e as inscricións serán por orde de chegada, teñen preferencia os
socios do club, ata o 4 de marzo só poden anotarse socios, e a partir dese día
-se sobran prazas- poden inscribirse non socios. O 28 de marzo remata o prazo
para inscribirse.
Plan
previsto: iremos en autobús, en caso de non xuntar persoas suficientes iremos
en coches particulares. Sairemos:
- de Boiro,
diante da Casa da Cultura ás 7.50 horas.
- de Rianxo, rotonda de Te (saída autovía) ás 8 horas.
- de
Catoira, rotonda gasolineira Repsol ás 8.10 horas.
Iremos con
Autos Comparado (Lousame) se hai alguen que lle interese collelo no garaxe
pode contactar coa empresa ou con Vintedouspés.
Hai que
estar puntuais, o autobús non agardará pola xente.
Ao rematar a
ruta iremos a comer ao restaurante-asador Entre Brasas de Bueu. O menú será
tortilla, calamares, churrasco mixto, postre, café, bebidas e licores.
Está
previsto empezar a andar sobre as 9.30 en Aldán.
Despois de
comer voltaremos para o Barbanza.
Hai que
levar calzado axeitado para andar pola montaña, aconsellamos levar auga, algo
para picar na mitade da ruta, gorra, se hai sol.
Distancia
aproximada: 17 km
Duración
estimada: 5 horas
Dificultad: Facil
Información
da ruta (facilitada polo Club Deportivo Fontiñas). Nos a faremos en sentido
contrario, empezando en Aldán.
Comezamos o
percorrido no porto de Bueu, e tras atravesar o porto Beluso, que está a
continuación, tomamos unha fermosa senda costeira que nos leva pegados ao mar
por un bosque con interesantes especies vexetais. Pasando polas praias Tuia e
Mourisca, entramos no Cabo Udra, que acota polo oeste a ría de Pontevedra na
súa marxen meridional. A paisaxe cambia. Deixamos de ver arbores para ver
penedos en paraxes solitarios. Os megacristais de feldespato caracterizan estes
penedos e fan do Cabo Udra un monumento xeolóxico de gran valor científico e
paisaxístico. Os penedos de Udra teñen formas redondeadas por mor do efecto que
a auga subterránea produce nas fendas da pedra, antes de que asomen ao
exterior. O cabo resulta inapropiado para aproveitamento agrícola. As razas
autóctonas eran as únicas capaces de tirarlle proveito a vexetación, e os
rapaces que gardaban o gando facían noite con el no cabo; xorde así a
necesidade de construír refuxios permanentes como son os chozos do Cabo Udra.
Dobrando o cabo, e deixando atrás a praia de Ancoradoiro, entramos na ría de
Aldán que ten unha profundidade de uns 7 km. Pasase pola praia de Lagos, dende
a que poden observarse unhas impresionantes postas de sol tras o perfil da illa
de Ons. A continuación chegamos a praia de Bon que acostuma a ter unha
ocupación alta nos meses do verán. Atravesamos as praias de Menduiña (onde
estivo instalada unha das fabricas conserveiras do industrial catalán Salvador
Massó), Francón e Area Cova. Deste xeito chegamos a Aldán, onde remata a ruta,
e que foi paradigma do poder secular da nobreza e aínda conserva parte da súa
traza medieval.
As fotos son de Eduardo. Hai máis neste enlace https://drive.google.com/drive/folders/1eFY6ENf9FuxZfmaSl4MEytBKkYrjKA2b
As fotos son de Eduardo. Hai máis neste enlace https://drive.google.com/drive/folders/1eFY6ENf9FuxZfmaSl4MEytBKkYrjKA2b
No hay comentarios:
Publicar un comentario