lunes, 14 de marzo de 2016

24 e 25 de marzo do 2016 Semana Santa no Courel

Os vintedous en Froxán
Xoves e venres de Semana Santa a Folgoso do Courel
O Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés organiza unha viaxe a Folgoso do Courel o xoves 24 e o venres 25 de marzo do 2016 (Semana Santa). Aloxarémonos no albergue turístico de Folgoso do Courel (http://www.albergueturisticofolgosodecaurel.com/)
Sairemos o xoves 24 de marzo ás 7 da mañá de Boiro diante da Casa da Cultura e iremos en coches particulares ata Seoane. Sobre as 10 chegaremos e iniciaremos a ruta do río Pequeño.
Ao rematar a ruta iremos a Folgoso do Courel, onde está o albergue, posteriormente iremos cear a Vilamor.
O venres 25 faremos a ruta circular Vilamor – Froxán - Vilar – Vilamor e voltaremos para o Barbanza.

Xoves: ruta do rio Pequeno
Esta ruta comeza en Seoane remontando o río Pequeno en dirección a Paderne. Este tramo presenta pendentes moderadas e nel pódense observar as Casas do Mazo e as Cabanas de Carballois. Para chegar a Paderne debemos cruzar varios regos e carrozos, así como subir unha pequena costa antes de chegar á aldea.
En Paderne atopamos varías casas de turismo rural, así como o Castiñeiro do Val da Fonte.
Saímos de Paderne, cruzamos o río Pequeno e comezamos a desandar o camiño cara a Seoane. Para isto iremos salvando curtos tramos de ascenso e descenso de xeito alternativo, até chegar as proximidades do Castro de Brío.
Dende alí, o camiño tórnase mais doado, pois é todo baixada até chegar a Mercurín, onde observaremos un magnífico souto, seguido por un tupido aciñeiral nas denominadas Taras de Mercurín, lugar no cal está o panel interpretativo flora e fauna.
Proseguimos o descenso cara a ferrería Locay, onde atopamos o panel interpretativo As Ferrerías. Dende aquí, e tras un pequeno ascenso, chegamos de novo a Seoane.
Distancia: 15 km
Duración: 6 horas
Dificultade: media
Máis ou menos seguimos este track http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=377477
Presentándonos en Seoane












Castro de Brio no alto






En Mercurín

En Mercurín


Vintedouspés

Mercurín


«O musgo é o símbolo do amor materno, porque, como o amor dunha nai, alégranos o corazón cando nos alcanza o inverno da adversidade  cando nos abandonaron os amigos do verán.»
Henrietta Dumont





Rio Lor



Venres: ruta de Vilamor - Froxán - Vilar - Rego do Inferno - Vilamor
Trátase dunha variante das rutas máis clásicas e realizadas do Courel.
Nesta ruta percorreremos un dos máis magníficos soutos do Courel, o souto de Vilar, e outros bosques con gran variedade de árbores (madroños, encinas, sobreiras, etc.) Visitaremos algunhas das aldeas tradicionais máis encantadoras do Courel: Vilar (bela aldea escondida no bosque e rodeada de centenarios castiñeiros), Froxán (unha das aldeas máis bonitas da serra) e Vilamor (outra interesante localidade tradicional que conta con diversas casas de turismo rural)
Teremos a ocasión de visitar o coñecido Castro de Vilar, situado nun lugar inexpugnable sobre unha impresionante atalaia a 547 metros de altura, e a Ermida de San Roque, pequena pero encantadora construción tradicional.
Empezamos a ruta en Vilamor, dirixímonos a Froxán, desviámonos antes de chegar a Froxán para ir ao miradoiro de cabezón con boas vistas de Froxán (volvemos polo mismo sitio) e continuamos ata Froxán,  de Froxán fomos ao castro de Vilar.
De Vilar tiramos ata o rego do inferno por un camiño que vai a Baldomir, ao chegar ao rego do inferno dimos volta e volvemos polo mesmo camiño a Vilar disfrutando de bonitas vistas do Lor e rematamos a ruta subindo por un empinado camiño ata Vilamor 
Distancia: 16 km
Duración: 6 horas
Dificultade: media
Esta ruta témola en Wikiloc neste enlace http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=12890540

Vilamor


Vilamor


Froxán




Froxán







Rio Lor

Rio Lor








Ermida de San Roque

Via Crucis


Vilar







Rego do inferno



Final con poema
"Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home..."
Uxio Novoneyra, 1952



No hay comentarios:

Publicar un comentario