sábado, 31 de enero de 2026

15 de febreiro 2026 primeira etapa de "A volta ao Barbanza" e app da FGM





Este é o enlace a Wikiloc co track da ruta https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/entrerrios-peton-da-hedra-a-portela-teano-250567112

O domingo 15 de febreiro faremos a primeira etapa de "A volta ao Barbanza", iremos desde explanada que vale para aparcar cercana (uns 200 metros antes) da igrexa de Santa Cruz de Lesón (Pobra do Caramiñal) enlace de google maps: https://maps.app.goo.gl/CFCsdfdP2CjRNojM6 ata Belles de Abaixo (Boiro). É unha ruta para socios/as do club, se te queres asociar tes información noutra entrada deste blog ou contactar con nos por correo electrónico ou nos teléfonos que saen no blog.

Empezaremos a andar cara Entrerrios, iremos un pouco paralelos ao río Pedras -posteriormente pasa a chamarse Barbanza- e iniciaremos a subida máis dura desta etapa que nos levara ao petón da Hedra e ao alto do Salgueiro, onde poderemos ver o canón do río Barbanza, remata a subida pronunciada para ir ata A Portela (Chans do Barbanza), onde iniciaremos o descenso polo termo municipal de Boiro, pasaremos por cerca de Mosquete, Pazos de Coroño, Bermo e subiremos cara ao final polígono industrial de Espiñeira ata chegar ao final desta etapa en Belles de Abaixo.

Nesta ruta hai tramos de camiños de montes, pistas de terra e case nada de asfalto.

Dificultade media, a parte máis dura é a subida inicial que superamos un desnivel de 370 metros en 3 quilómetros. Distancia sobre 18,5 km. É dificil calcular o tempo que nos vai levar, depende do ritmo do grupo e de como esté o terreo, máis ou menos esvaradizo, estimamos arredor de 6 horas.

Hai que levar calzado axeitado para andar pola montaña, pasaremos por algunhas zonas algo esvaradizas,  aconsellamos levar auga e algo para repoñer forzas e comer, bocadillo, froita, barriña enerxética ou froitos secos por exemplo.

Como é unha ruta lineal vamos levar previamente ao inicio da ruta uns coches de voluntarios designados polo club ao punto final para ao remate da ruta levar a todos os participantes ao punto de inicio.


-----------------------------------------

A Federación Galega de Montañismo (FGM) enviounos esta información referido á app da FGM:

Ola moi bo día a tod@s,

Teño a ledicia de comunicarvos que xa está a disposición de tod@s os federad@s galeg@s a app da FGM para a visualización da licenza e outros servizos máis no móbil.

A app da FGM está na Play Store de Google co nome de FGM.

Neste momento está dispoñible e operativa para todos os móbiles con sistema operativo de Android. Mais adiante teremos a app para uso co sistema IOS.

Na app da FGM poderán visualizar a licenza do ano sexa FGM ou FEDME, e o seu tipo de modalidade: FGM C ... Allianz - B 2 ...

Terán dispoñible o parte de accidentes na sección nomeada como "portal". Unha vez dentro de portal, teñen que facer scroll cara abaixo onde atopan a lapela de "Partes de accidente".

Tamén terán a opción de comprobar que os datos persoais son os correctos e incluso modificalos se atopan algún erro. 

Xunto a opción anterior, teñen a posibilidade de inscribirse as diferentes actividades que ten a FGM no calendario.

Seguemos a traballar na posibilidade do que o titor legal dun minor ou minores poda ver a licenza do minor. Esa posibilidade aínda non está desenvolvida, pero esperamos sexa unha realidade nun futuro próximo, así como ampliar as utilidades da app.

Cando descarguen a app, terán que facer un primeiro paso moi sinxelo. Escribir o dni e app envíalle un correo electrónico para activar a app cunha contrasinal.

__________________

Para cada actividade do club mandamos un correo electrónico a todos os socios/as que están dados de alta neste ano, se eres socio/a e non te chegas os correos avísanos para ver onde está o problema

 

miércoles, 21 de enero de 2026

Calendario provisional de rutas

Calendario provisional de rutas do club:

15 de febreiro, 15 de marzo e 12 de abril faremos as tres primeiras etapas de "A Volta ao Barbanza" iremos por camiños, pistas de terra, e practicamente sen asfalto percorrendo os municipios do Barbanza. No segundo semestre do ano remataremos esta volta ao Barbanza.

1,2 e 3 de maio Camiño do monxe – Ribeira Sacra

10 de maio Pequerruta (unha novidade deste ano é a organización de pequerrutas, rutas curtas pensadas principalmente para nenos/as e mozas/os).

17 de maio ruta por Muros.

31 de maio Nemiña – Fisterra (Camiño dos faros).

24 de maio Pequerruta.

14 de xuño Padrón – Carcacía polo Ulla.

19 de xullo ruta do Xabriña (Covelo).

15 de agosto ruta nocturna por determinar.

Nos útimos meses do ano está previsto:

10, 11 e 12 de outubro tres rutas por Peneda-Geres (Portugal).

14 e 15 de novembro “outono nos bosques da zona de Allariz.

Últimas etapas de “A volta ao Barbanza”.

3ª e 4º pequerrutas.

Volta á illa de Arousa.

Ruta dos tres pazos (Negreira).

Ruta  “penedos de Pasarela e Traba”

 

En breve poñeremos información concreta da seguinte ruta e posteriormente iremos informando e confirmando o resto de rutas ao acercase as datas de celebración.

 

Calendario de andaina da Federación Galega de Montañismo cercanas ao Barbanza que non poñemos rutas nosas por se hai socios/as que queiran ir. Aparte dos kilómetros que se mencionan suelen dar alternativas para facer menos kilómetros.

22 de febrero Andaina 25 km de Noia https://cronocheck.com/noia-25-km-2026

18 de abril Andaina Bisbarra do Sar 50 km https://www.andainabisbarradosar.com/

9 de maio Andaina de Cuntis 50 km.

23 de mao andaina de 50 km Terras de Altamira.

7 de xuño andaina 25 km de Porto do Son.

5 de setembro andaina de 50 km de Ribeira.

 

Neste enlace da Federación Galega de Montañismo está o calendario completo  https://fedgalmon.gal/listado-provisional/ e neste enlace tedes calendario de cursos https://fedgalmon.gal/calendario-cursos/


domingo, 4 de enero de 2026

18 de xaneiro faremos a ruta "Corredoiras e camiños de Porto do Son" e nova app para visualizacións das licenzas

SEGUIMOS CO PLAN PREVISTO 

Ola, o domingo 18 de xaneiro faremos a ruta "Corredoiras e camiños de Porto do Son". Saída da zona portuaria de Porto do Son ás 9:00 h. Dificultade baixa/media. 15 km. 4-5 horas. Punto de encontro para quen prefira en Boiro (Avda da Constitución zona con marquesina do Parque da Cachada, enfrente á tenda Aluzzine) ás 8.20. Ruta so para socios/as.

 A ruta comeza no aparcadoiro do porto de Porto do Son, segue o paseo marítimo ata a piscina do concello e, desde alí, por sendeiros estreitos e pistas forestais, ascende cara a Enxa, sen chegar ao cumio. Esta subida é o único tramo un pouco duro. O descenso leva ao Sendeiro dos Muíños e Pasales en Portofoloña, que seguiremos un tramo a través do bosque autóctono e pasando por regatos. Despois dirixímonos cara á Capela de Loreto e ao Faro de Caaveiro antes de volver ao paseo marítimo cara a Porto do Son.

 Para inscribirse deberás contestar a este correo antes das 10 horas do sábado 17 de xaneiro, indicando nome, apelidos, lugar onde te incorporas (Boiro ou Porto do Son).

 No caso de te inscribas, o sábado 17 de xaneiro a partir das 16 horas deberás consultar o noso blog por se hai algún cambio de última hora. 

-----------------------------------------------------

 Nova aplicación FEDME para visualizar as licenzas.

 Comunicámosvos que a FEDME ten unha nova aplicación para a visualización das licenzas. A aplicación Paso a Paso deixa de funcionar e temos que sustituila pola aplicación que indicamos a continuación, chámase FEDME

 Neste enlace a Googleplay, é dende onde se pode descargar: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.toools.fedme

Importante: todos temos que rexistrarnos de novo na nova aplicación.