2.- Ingresar a cantidade que corresponde + 20 € a maiores por cota anual do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, nº de conta ES2520800310553000121101 (Abanca). En concepto indicar nome, apelidos e modalidade escollida.
A modo de exemplo:
-Un adulto (maior de 25 anos) que escolla a modalidade A con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas e Sendeirismo, Marcha Nórdica, participación nas andainas (Sen incluir a Alta Montaña) tería que pagar en total ao ano 84 € (64 de licenza e 20 cota do club).
Un adulto (maior de 25 anos) que escolla a modalidade B con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo, marcha nórdica, Rocódromo, Alpinismo, Montaña e Alta Montaña, Escalada, Barrancos, Carreiras por Montaña, Espeleoloxía, Raquetas de Neve, Esquí de Montaña, Canicross, Snow Montaña, Marcha Nordica, Splitboard e Vías Ferratas tería que pagar en total ao ano 107 € (87 licenza e 20 cota do club).
-Un adulto (maior de 25 anos) que escolla a modalidade AU (A) terá de ámbito territorial Galicia, as disciplinas da modalidade A, tería que pagar en total ao ano 67 € (47 licenza e 20 cota do club).
-Un adulto (maior de 25 anos) que escolla a modalidade AU (B) terá de ámbito territorial Galicia, as disciplinas da modalidade B, tería que pagar en total ao ano 80 € (60 licenza e 20 cota do club).
- Se estás federado noutro club e queres facerte socio/a do noso deberás ingresar so 20 € (cota do club)
-
Ten en conta que hai duas modalidades de inclusión social (A IS e B IS), coa mesma cobertura que a licenza A e B respectivamente. Para poder tramitar esta licencia deberá aportar copia do certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%.
- Os/as nenos/as, mozos/as e adultos entre 18 e 25 anos teñen prezos reducidos
Se queres máis información podes consultar https://fedgalmon.gal/licenza-federativa/ o noso blog http://vintedouspes.blogspot.com/ou, contactar a través do correo electrónico vintedouspes@gmail.com
PLAN PROVISIONAL PREVISTO ATA O VERÁN do 2025 (para participar neste programa hai que estar federado e ser socio/a do noso club)
22 de decembro: serra do Barbanza, regos das Salgueiriñas, Castelo de Vitres
19 de xaneiro: fervenzas de Valga
Chans do Barbanza, rio Barbanza e Arca do Barbanza
Ruta por Ribeira (pendente de concretar)
Catro etapas do Camiño de Santiago a Fisterra.
17 (festivo) e 18 de maio: fin de semana por A Fonsagrada e Oscos (Asturias)
Río Gallo (Cuntis)
Ruta por Vimianzo
PARA DESPOIS DO VERÁN SEGUIREMOS UN PLAN PARECIDO AO DOS MESES ANTERIORES CON RUTAS DE DIA E UN FIN DE SEMANA.
Neste enlace podes ver un vídeo con fotos dalgunhas das rutas feitas polo club no 2024