24 Novembro 2024: Ourille a pico Muralla.
Na parte alta da ruta fixo moito vento, como podedes ver nunha foto.
Neste enlace está o track da ruta https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/muralla-192761734
Comezaremos a ruta na aldea de Ourille percorrendo camiños antigos de carro e camiños forestales pasaremos perto das aldeas de Pastoriza do concello de Rianxo , Saramagoso e Ardeleiros ata chegar a Arribas estas do concello de Boiro, aquí teremos unha suave subida ata chegar as chans seguimos percorrendo pinares chegaremos o pico Muralla e con sorte teremos unha panorámica das rías de Arousa e Noia.
No camiño de volta poderemos seguir contemplando a ría Arousa ata chegar de novo a Ourille .
Ruta dificultade media baixa.
Lonxitude 15/16 km 4,30 horas.
Puntos de encontro e horarios.
8,30 Campo Maneiro.
8,40 Ourille
Iremos en coches particulares. So para socios/as
Para inscribirse hai que contestar a este correo indicando nome, apelidos e lugar onde te incorporas.
Se te anotas, o sábado 23 a partir das 16 horas mira o noso blog por se hai algún cambio de última hora