Ruta circular polo Monte Pindo
Puntos de encontro ás 8.30 diante da Casa da Cultura de Boiro ou ás 8.50 diante da estación de autobuses de Noia (enfrente ao Mercadona de Noia). Desde Boiro ata Fieiro leva arredor de 1 hora.
Kilómetros aproximados: 11 (pero como é unha ruta de media montaña contade como se foran o dobre de kilómetros). Duración: sobre 5 horas e media (sen contar o desprazamento en coche). Dificultade: alta.
As fotos son de Paco
Neste enlace está a ruta máis ou menos que fixemos coas seguintes variacións, non ascendimos ao pico Peñafiel e baixamos un pouco cara a igrexa para ver a figura do guerreiro e outros grupos de pedras. http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=3550640
Algunha das poesías lidas:
- O PINDO (César Antonio Molina)
- O pasado sen teito está nese lugar.
- O temor non desterrado ó descoñecido.
- Procuramo-la bóveda nun frío mencer
- ou nun entardecer sanguiñolento,
- ata ser soamente sombras.
- E que é o tempo senón
- ese espazo escuro da luz
- onde se despenan
- estas rochas esculpidas polas tormentas,
- mentres nos chaman as ruínas dos séculos.
- ****************************************************
A ROSALIA CASTRO (Xosé María Brea Segade 1904-1934) ¿onde estas Rosalia? Eu quixera encontrarche soiña,soiña e contarche o sentir que tivera tan soio ó oido ca voz mui baixiña. Eu quixera encontrarche mais buscara en vano a nai dos poetas, corazon de amor. ¡Ai ...¡ fuxeu coma os ventos que lonxe a levaron da terra galega a mais linda frol. Ouh ¡ si vida tiveras, nai miña, de loureiros e olivos fixera unha alegre coroa e feitiña sobre da túa testa contento a puxera taragoña 1918
![]() |
Na base do Peñafiel |
![]() |
Peñafiel |
![]() |
Ascendendo á Cova da Xoana |
![]() |
Cova da Xoana |
![]() |
Dende a Cova da Xoana |
![]() |
Cova da Xoana |