O domingo 15 de xaneiro fixemos unha ruta na que vimos dous petroglifos polo Concello de Porto do Son. Os puntos de encontro foron ás 9 da mañá en Boiro, diante da Casa da Cultura (Avda. da Constitución) e ás 9.30 na Praia do Dique, (ponte da carretera vella) en Queiruga - Porto do Son, km 93 de la Ac 550 ao pasar Queiruga,
unha curva pechada a man esquerda, un desvio a man esquerda antes do camping de Baroña.Si se ven de Noia km 93 desvio á dereita despois do camping.
Se foi por piñeirais e acantilado ata cerca do castro, cruzouse a carretera para chegar a Baroña e os petroglifos do monte Gurita, aquí empezou a subida suave. A ruta sigue subindo ata a carretera do Enxa onde se endurece un pouco a subida aunque non é moi longo, bonitas vistas. Dende aí se vai por unha pista moi boa con lixeira subida bordeando o monte ata quedar por riba do Son onde hai outro petroglifo pequeno.Seguimos a pista ata Montemuiño e empezamos a baixada por corredoiras que unen as aldeas ata o final, con algún repecho pero pouca cousa.
Neste enlace está colgada a ruta e o perfil. http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=2345769
Dificultade: media. Duración estimada da ruta de andar 4 horas e media (paradas incluidas) . Kilómetros: 16.
.