miércoles, 31 de julio de 2024

fotos e rutas de Parque Natural de Redes (Asturias) do 25 ao 28 de xullo do 2024

"Non é máis quen máis alto chega, senón aquel que influenciado pola beleza que lle envolve, máis intensamente sinte" Maurice Herzog

25 de xullo Robles centenarios, tabayon de Mongallu, mallada Ablanosa

Ruta circular desde Tarna pasando por:

- Dous robles centenarios (Rebollos) de Llanu'l Toru, Fonte dos Arellales, Tabayón (fervenza) del Mongallu, Ponte Nalón, Ponte do Corral, inicio da mallada Ablanosa.

Fixemos a ruta circular e oficial "Tabayon de Mongallu" e contra o principio saimos da ruta para ir e voltar a ver dous robles centenarios, e contra o final saimos da ruta circular e tiramos ata o principio da mallada Ablanosa.





26 de xullo: Peña l´Vientu desde Brañagallones

En Bezanes collimos un taxi bastante curioso, é un tractor que leva un remolque para transportar pasaxeiros (Taxi al paraiso) que nos levou a Brañagallones, este tramo so o poden facer taxis de montaña autorizados ou vehículos autorizados.


Na mallada de Brañagallones empezamos a andar polo bonitos bosque de Redes en dirección á mallada de Valdebezón, pasando cerca do rio Monasterio, desde aí deixando á esquerda as afiadas crestas da Cuchilla o desnivel vai en aumento, nun lugar chamado La Mayaina xiramos á esquerda, o desnivel é aínda maior e empezamos a ter vistas das camperas de Wamba (León), facemos cume peña l´Vientu (peña del Viento), 2000 metros de altitud onde se o tempo o permite teremos impresionantes vistas cara Wamba, San Isidro y Redes, chegando a verse os Picos de Europa e volvemos polo mismo sitio, chegando ao cume hai que axudarse algo cas mans pero no é dificil. Baixamos cara o collado da Raya l´Acebal, onde hai un antigo refuxio, seguimos baixando á mallada de Mericueira, entramos de novo no extenso bosque de Redes por unha zona distinta ao inicio e chegamos de novo a Brañagallones.  













27 de xullo: circular ao Tiatordos desde Pendones por foz de Palombar e volta por mallada de Piedrafita. 

Ao pico Tiatordos (1951 metros de altitude), tamén coñecido como a montaña perfecta, pode accederse desde o Parque Natural de Redes, a ruta oficial (PR) parte de Pendones (Caso) ou tamén desde o Parque Natural de Ponga, a ruta oficial (PR) parte de Taranes. O Tiatordos é unha das montañas máis emblemáticas destos dous parques.

Esta ruta circular vai por camiños permitidos na normativa do Parque Natural empeza en Pedones, subimos pola foz de Palombar chegamos ao collado do Tiatordos, facemos ida e volta ao cume polo camiño máis sinxelo, está moi pisado e hai marcas de PR, volvemos por mallada de Piedrafita.

Atoparás bonitos faiedos, fresnos, unha foz de ensueño (Palombar), unha mallada con construccións sen reformar (Piedrafita) y unhas vistas espectaculares.
Dificultad media-alta polo esforzo físico, técnicamente non é dficil se o terreo está seco pero hai que ir con coidado pola foz de Palombar e cando nos diriximos ao cume nun par de sitios hai que axudarse das mans pero non é dificil.

Neste enlace podes ver o mar de nubes que vimos desde o cume do Tiatordos https://drive.google.com/file/d/16-MGhuCZLZq6tdlY0HHQu6OXcy7cpoes/view?usp=drivesdk









28 de xullo: Caleao - Desfiladeiro dos Arrudos.
O desfiladeiro dos Arrudos é un dos grandes canones fluviais de Asturias.
A ruta de Caleao - Desfiladeiro dos Arrudos e volta a Caleao pasa por:
- Ponte Corones (1.2 km)
- Ponte Agualmayo (1.7 km)
- Ponte Los Campos (2.0 km)
- Ponte de la Fuminosa (2.9 km)
- Fonte Manuela Antonio (3.6 km)
- Ponte la Calabaza de Abajo (4.1 km)
- Ponte da Calabaza de Arriba (4.4 km)
- Acabando o desfiladeiro dos Arrudos chegamos a un mirador natural desde o que se ve unhas bonitas vistas de bosques e cumes e dimos volta.
Dificultade media, a complicación é porque hai zonas con pedras molladas, onde se non se vai con coidado é fácil esvarar.











Estivemos aloxados no hotel La Lastra en habitacións e apartamentos (Campo de Caso).
Tamén fixemos duas visitas guiadas:
Centro de Interpretación de Redes


Museo da madeira e da madreña en Veneros

Tamén tivemos actuacións de música tradicional galega



As rutas en Wikiloc:

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/robles-centenarios-tabayon-del-mongallu-e-inicio-majada-ablanosa-desde-tarna-parque-natural-de-rede-178592752

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/pena-viento-parque-natural-de-redes-178714260

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/tiatordos-parque-natural-de-redes-178851422

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/caleao-desfiladero-de-los-arrudos-parque-natural-de-redes-178950520




martes, 9 de julio de 2024

14 de xullo 2024 ruta “fervenza de Segade e fervenza de A Barosa" (Caldas de Reis)


O domingo 14 de xullo fixemos a ruta “fervenza de Segade e fervenza de A Barosa" (Caldas de Reis). Iremos en coches particulares, compartindo coches. É so para federados/as e socios/as do noso club. 















Puntos de encontro:

Avda da Constitución de Boiro, zona da Casa da Cultura, enfrente a tenda aluzine ás 7.55 h.

Rotonda de Te (Rianxo) ás 8.05 h.

Rotonda Repsol cerca de Catoira para empezar a andar ás 8.15 h.

Empezaremos a andar en Caldas de Reis, a ruta é circular e ten bastante sombra.

Descrición da ruta feita por Lucia13: 

"Inicio de la ruta en Caldas de Reis, seguimos el bonito paseo fluvial por el margen derecho del rio Umia, rebosante de agua tras las recientes lluvias, y tras una corta subida llegamos a la espectacular fervenza de Segade y un poco más adelante, al puente romano de Segade.

Seguimos subiendo y nos adentramos en bosques de eucaliptos a traves de caminos forestales.
En la bajada , tras pasar por la Capilla de los Dolores, llegamos al rio Barosa, también rebosante de agua y cuyo margen derecho seguimos hasta llegar al area recreativa del rio Barosa, de donde parte una senda con fuerte pendiente, que nos lleva a la, más espectacular aún, fervenza da Barosa, impresionante.
Desde aquí vamos llaneando, alternando tramos largos de asfalto y pistas, coincidiendo con el Camino Portugués de Santiago en el ultimo tramo.
Un 20% aproximadamente de asfalto, acumulado en los ultimos 8 km."

Lonxitude sobre 19 km.

Duración aproximada 5 horas.